| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
O decisivo referendo sobre o futuro da industria do gas natural
en Bolivia converteuse nun verdadeiro plebiscito, finalmente favorable, á xestión do goberno do presidente
Carlos Mesa, ademais de constituir unha contundente derrota para os sectores mais radicais da política boliviana.
Pero tamén o referendo revelou que a política nacional sobre a utilización do gas natural
constitúe a chave dos cambios sociais e políticos da nación mais pobre de América do
Sur, pero que posúe as segundas reservas rexionais de gas natural despois de Venezuela.
O confuso e ambiguo referendo de cinco preguntas non deixa moi claro cal será o futuro da industria gasífera,
á espera da discusión da futura Lei de Hidrocarburos no Congreso boliviano, discusión que
se augura difícil e conflictiva xa que o presidente Mesa practicamente non ten aliados políticos
estables. Existe unha percepción xeral de que as tres primeiras preguntas avogaban pola nacionalización
da industria gasífera, rexistrándose unha aceptación popular aos intereses do presidente Mesa
superior ao 70%. Isto significa unha viraxe audaz da política económica boliviana dos derradeiros
vinte anos, marcados pola privatización das industrias básicas do Estado, proceso fortalecido coas
dúas presidencias de Gonzalo Sánchez de Lozada e que provocou a súa caída en outubro
pasado, trala rebelión indíxena e popular que deixou 80 mortos.
Nembargantes, os sectores opositores consideran que o resultado do referendo non estipula a completa nacionalización
do gas natural boliviano, polo que a posibilidade de inestabilidade social e política podería provocar
maiores problemas ao goberno de Mesa nos próximos meses. Neste referendo tamén qyedaron en evidencia
as diferencias raciais e sociais entre a elite económica e as clases indíxenas mais desfavorecidas,
o que segue a conformar un escenario explosivo a rebentar en calquera momento.
Outra chave do referendo ten que ver coa reorientación xeopolítica do gas natural en América
do Sur, apartado no que Bolivia xoga un papel primordial. Os 52 trillóns de pes cúbicos de reservas
de gas bolivianas son moi apetecibles para os seus veciños, especialmente Chile, Perú, Arxentina
e Brasil. O tema de Chile era decisivo no referendo: unha das preguntas tiña que ver coa posibilidade de
negociar un gasoducto no norte chileno a cambio dunha apertura boliviana ao mar, diferendo histórico que
divide a La Paz e Santiago de Chile dende a Guerra do Pacífico de 1879. Neste apartado, como nas outras
preguntas da consulta, o presidente Mesa obtivo un respaldo superior ao 50% para a súa política de
utilización estratéxica do gas natural.
Polo momento, o presidente Mesa xa asegurou convenios de explotación e distribución do gas con Perú
e estase a negociar outros con Arxentina e México. A toda esta nova política estratéxica do
presidente Mesa tamén están atentos as multinacionais como Repsol, Petrobras ou Brittish Petroleum,
e os intereses das inversións estranxeiras en Bolivia.
Se ben o presidente Mesa é o gañador mais visible, tamén o é a institucionalidade democrática
boliviana e unha cidadanía que acudiu a votar pese ás ameazas de violencia política dos días
anteriores ao referendo. O líder indíxena e cocaleiro, Evo Morales, tamén pode considerarse
un gañador, xa que avogou pola participación no referendo, amortecendo o seu nivel de radicalidade
(só se opuxo a dúas preguntas do referendo). Con este resultado, Morales pode agora posicionarse
favorablemente nos sectores das clases medias e populares coa finalidade de obter respaldo político cara
as eleccións presidenciais. Pero, de momento, o futuro de Bolivia depende da decisión lexislativa
a respecto da nova Lei de Hidrocarburos. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Percepciones sobre el Referéndum”, por Gastón
Solares Ávila, en Correo del Sur
(Bolivia), 21 de xullo de 2004.
No pueden haber más de dos percepciones:
La objetiva, con el claro triunfo de la democracia, del deseo de paz y de respeto a la ley sustentado por la mayoría
silenciosa de los bolivianos, y la irreal, inventada por los líderes radicales, que pretenden disfrazar
su derrota con una victoria en la que ni ellos creen. |
| |
|
|
| 2 |
|
“De
la consulta a la ley”, editorial de La Razón (Bolivia), 22 de xullo de 2004.
Entonces, con seguridad, se puede afirmar
que los resultados del referéndum fueron un éxito, pero que ese éxito tiene que transformarse
en los próximos días de la consulta en sí, en la elaboración de la nueva Ley de Hidrocarburos.
Entonces, sólo entonces, el referéndum habrá tenido sentido y se podrá hablar de un
triunfo, en todo sentido. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Escuche
el país entero”, por Remo Di Natale, en El
Diario (Bolivia), 19 de xullo de 2004.
El presidente Mesa toma el Referéndum
como un papel en blanco para aplicar su política marítima sin la menor crítica, a su gusto
y sabor, sintiéndose respaldado por el resultado de la consulta. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Un marcado ausentismo”, editorial en El Mundo (Bolivia),
20 de xullo de 2004.
Muchas personas que no han votado argumentan
que el Referéndum vinculante para definir el futuro de los hidrocarburos no tenía razón de
ser, ya que la decisión de vender ese energético es una decisión del Poder Ejecutivo y, en
este caso del Presidente de la República, por lo tanto, se han gastado muchos millones en algo que no correspondía. |
| |
|
|
| 5 |
|
“¿Qué esperamos del Referéndum
boliviano?”, editorial de El Comercio (Perú), 22 de xullo de 2004.
Bolivia está por definir su nueva
política económica, respecto de la cual debemos estar muy atentos, por sus directas repercusiones
sobre nuestro potencial de desarrollo en el sur. En tal contexto, es interesante que el presidente Mesa haya declarado
que, por el momento, el Perú es la única opción de salida para exportar el gas boliviano (...)
No podemos dejar de analizar también la posibilidad de que la posición actual de Mesa pueda responder
al interés de los bolivianos de presionar a Chile para que acepte negociar una salida soberana al mar. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Gas
boliviano: demagogia sin fin”, editorial
de La Tercera (Chile), 22 de xullo de 2004.
Llaman también la atención
algunos aspectos del socio escogido por Bolivia par la exportación de gas. Es evidente que, a lo largo de
todo este tiempo, Lima se ha propuesto construir una relación especial con La Paz. Y, en este ambiente,
el gobierno peruano, por medio de su Cancillería, ha considerado oportuno solicitar a La Moneda el inicio
de negociaciones para revisar los límites marítimos chileno-peruanos. |
| |
|
|
| 7 |
|
“El
referéndum, un duro revés para los líderes más radicales de Bolivia”, en La Nación
(Argentina), 22 de xullo de 2004.
Tras la falta de adhesión a sus programas
y el escarnio popular que sufrió el domingo, la mayoría de los dirigentes más combativos se
refugió en el ostrascismo (están evaluando “nuevas estrategias de lucha”, dicen sus voceros), algunos
suavizaron sus discursos y otros reiteraron su mensaje de amenaza e intimidación. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Bolivia:
las dos caras del 'sí'”, en BBC News, 19 de xullo de 2004.
Pero la victoria del “sí”, lejos
de resolver la espinosa cuestión del gas, abre un nuevo capítulo de disputas entre el gobierno y
la oposición, que interpretan en forma radicalmente diferente el resultado de la consulta. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Bolivian
voters OK natural gas export plan”, en
The Miami
Herald, 19 de xullo de 2004.
What do to with the natural gas is Bolivia´s
most explosive political question, one that if not managed adroitly by Mesa could ensure and enduring division
between the business-oriented elite in eastern Bolivia –home to the natural-gas fields- and the poor Indians in
western Bolivia who don´t believe tha exports will benefit them. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Bolivia:
Will Gas Referendum Bring Backlash?”,
en Stratfor, 19 de xullo de 2004.
The most significant problem will arise
when Congress attempts to draft legislation enacting the referendum into law. The situation between the lowland
elite and poor, highland indigeous groups will become contentious. Over the next six months, Bolivia´s Congress
will haggle over various versions of the legislation –a situation tha likely will spill into the streets. Two main
groups, the Movement of the Revolutionary Left (MIR) and the Nationalist Revolutionary Movement (MNR), will side
with Mesa. The Movement Toward Socialism (MAS) will fight the legislation. |
| |
|
|
| 11 |
|
“Ocasión
para Bolivia”, editorial en El País, 20 de xullo de 2004.
En una nación crónicamente
inestable como Bolivia, del resultado del referéndum dependía no sólo la supervivencia del
frágil Gobierno de Mesa, sin apoyo parlamentario formal, sino también la continuidad de la inversión
extranjera en el sector: unos 3.500 millones de dólares en los últimos siete años. |
| |
|
|
| 12 |
|
“Los
bolivianos quieren que el gas se nacionalice antes de exportarlo”,
en El
Mundo, 20 de xullo de 2004.
El principal obstáculo que se debe
superar para que la futura Ley de Hidrocarburos represente la voluntad del pueblo, tal y como se expresó
el domingo pasado, radica en las características peculiares de una consulta compuesta de cinco preguntas.
Si bien es cierto que a todas ellas los electores respondieron afirmativamente, es decir como esperaba el gobierno,
el margen de aceptación es variable. |
| |
|
|
| 13 |
|
“Counter-reform, or muddle along?”, en The Economist,
15 de xullo de 2004.
Now a new law is to follow the popular vote.
It is certain to include an increase in taxes on multinationals with fields in Bolivia, who include Spain´s
Repsol-YPF, Brazil´s Petrobras and Britain´s BP and BG Group (...) The government also wants to increase
its say over the destination and price of exports of oil and gas. And it wants to revive the state oil company,
giving it a stake in all future projects. |
| |
|
|
| 14 |
|
“Bolivia's
pipeline dreams”, en The New York Times, 17 de xullo de 2004.
The challenge for Bolivia, and for other
poor nations, is to tap into world markets in ways that can improve its living standards. Refusing to sell its
most valuable commodity is not a good start. |
|