Actualidade Exterior / nº 129-10/2004 de 26 de abril Volver ó índice
A segunda recuperación de Hong Kong
 
 
Presentación

     
    O lexislativo chinés decidiu impoñer a súa como a única interpretación válida e aceptable das disposicións legais que figuran nos Anexos da Lei Básica de Hong Kong, aprobada na véspera da retrocesión do enclave noutrora británico. O presidente do Parlamento chinés, Wu Bangguo, explicou nunha comparecencia ante os medios de comunicación que niso consistía a aplicación do principio "un país, dous sistemas", a fórmula ideada por Deng Xiaoping para recuperar sen sobresaltos o control da colonia.

A afirmación do mini-Parlamento chinés, o Comité Permanente que sesiona entre plenarios, se produce cando quedan escasos meses para que os hongkoneses sexan chamados ás urnas -será en setembro- para elixir aos seus representantes no Consello Lexislativo, especie de Parlamento local. Segundo o previsto, dos sesenta deputados, a metade serán elixidos por sufraxio universal, seis mais que na convocatoria de 2000. O cupo restante é de designación corporativa e está controlado por Pequín. En 2007, ao cumprirse a primeira década do traspaso, esta situación podería ser obxecto de alteración.

Pequín sabe que o anuncio desta decisión probablemente vai deparar mais votos en setembro para os partidarios de Martín Lee, os chamados demócratas, e pouco pode facilitarlle as cousas a Tung Chee Hwa, o gobernador desta zona especial, que conta co respaldo da Alianza Democrática para a Mellora de Hong Kong. Pero o prioritario é o control do proceso de democratización que está a recibir fortes presións, internas e externas, co propósito de forzar a elección directa do gobernador local e da totalidade do Consello Lexislativo despois de 2007.

China ven a dicir que iso non será posible. Coas miras postas nos Xogos Olímpicos de 2008, observando de reollo canto acontece no Taiwán de Chen Shui-bian que o próximo día 20 de maio será investido como Presidente para un novo mandato de catro anos, e mesmo tirando conclusións das masivas mobilizacións cidadás de xullo pasado en contra da polémica lei antisubversión (logo retirada pero cunha seria fenda política no gabinete local que se saldou coa dimisión de dous ministros), no que foi unha primeira tentativa de operar recortes substanciais nalgúns dereitos fundamentais, Pequín non quere sorpresas nin sobresaltos.

Pese á persistencia de problemas económicos e sociais indisimulables, a economía de Hong Kong evolucionou satisfactoriamente dende xullo de 1997, soportando as epidemias sanitarias e financeiras da rexión. Hoxe mantén o quinto lugar mundial en reserva de divisas, despois de Xapón, China continental, Taiwán e Corea do Sur. As expectativas de crecemento do PIB para este ano son do 6,9%, o desemprego vai á baixa (6,6%) e as exportacións deben crecer.

O problema esencial está no eido político. A mensaxe que se envía desde Pequín é contundente: o ritmo político decídese na capital e non en Hong Kong. A iniciativa de cambio debe ser de Pequín ou do Goberno de Tung Chee-Hwa. O lexislativo local non ten potestade ningunha para iniciar un proceso de reforma, enténdase democratizador. Que queda da autonomía política? Pouca cousa. A primacía está clara, aínda que algúns movementos locais non dean por perdida de todo a batalla.

No fondo non se trata soamente dun problema de maior ou menor entusiasmo democrático. Alén da obsesión polo control político, un dos debates de maior calado para o futuro de China é o relativo á organización territorial, profundamente unitaria e centralista.Con eses antecedentes, a fórmula de "un país, dous sistemas" dificilmente pode seducir a Taiwán, mais escéptica ca nunca a respecto dunha hipotética unificación, ante o panorama escasamente alentador que observa en Hong Kong.
     
     
Índice

     
1   Pekín confirma su control del gobierno de Hong Kong”, por Rafael Poch, en La Vanguardia, 8 de abril de 2004.

Para China es irrenunciable, a menos que quira perder su soberanía sobre Hong Kong o decida un Estatuto de tipo confederal, pero está chocando cada vez más con el sentir de la población, lo que, probablemente, se traducirá en más votos para los “demócratas” en septiembre.
     
2   Le régime de Pékin verrouille toute perspective de réformes démocratiques à Hongkong”, en Le Monde, 7 de abril de 2004.

La douche froide pékinoise a manifestement polarisé davantage les opinions locales. Les scrutins de septembre, qui verront l'élection directe de la moitié des sièges du Conseil législatif, diront si la population s'est laissé décourager par le diktat de Pékin.
     
3   One country, one system”, en The Economist, 7 de abril de 2004.

China is particularly worried about such challenges this year. Pro-democracy activists are hoping to demonstrate their strength at a rally to commemorate the crushing of anti-government protests in Beijing on June 4th, 1989. Thousands normally attend this annual event, but this year is regarded by organisers as special because it is the 15th anniversary. There could also be a big demonstration on July 1st, the first anniversary of a protest by half a million Hong Kong people that forced the government to shelve anti-subversion legislation.
     
4   Hong Kong y la caída de otro mito”, por Roque San Severino, en Casa Asia, 7 de abril de 2004.

La tozuda realidad ha terminado por imponerse al voluntarismo de las partes y, en la misma medida en que, inevitablemente, la economía de Hong Kong se acerca y diluye en la economía china, el sistema político del territorio muestra crecientes áreas de coincidencia con el existente en el continente.
     
5   Hong Kong Leader Backs Slow Reform”, en The Washington Post, 16 de abril de 2004.

Although the activists pushing to expand direct elections do not have a majority in the legislature, their demands have consistently been supported by about 60 percent of respondents in opinion polls over the past two years. Thus, political figures on both sides of the debate have suggested that September's vote could produce a majority that would seek to initiate change, presenting Beijing with a political headache it is eager to avoid.
     
6   Who's in Charge Of Hong Kong?”, en Time, 12 de abril de 2004.

The Basic Law is the foundation for that experiment; an "interpretation" demonstrates that Beijing has no hesitation in rejigging the rules. Says Martin Lee, founder of the Democratic Party in Hong Kong: "They want to say, 'Now you know who the boss is: Beijing. We know you don't like us, but we will do it anyway and you can't do anything.' They want to show Hong Kong people that their system is dominant and ours subservient. Democracy is out for the foreseeable future".
     
7   Democracy on the edge in Hong Kong”, Editorial de The Seattle Times, 12 de abril de 2004.

Publicly, China tends to associate such defiance with "chaos," which it says it will not tolerate. But the protests in Hong Kong were not chaotic. They were peaceful acts by politically mature people standing up for their interests. Nor were the elections chaotic. Sometimes elections may result in chaos, as when the losers refuse to accept the result, but generally, democracy is a way of avoiding chaos. Certainly, elections have been peaceful in Hong Kong.
     
8   Constitutional development in Hong Kong should be safeguarded to proceed in line with the Basic Law”, en Beijing Review, 15 de abril de 2004.

If such misunderstandings fail to be clarified by law, it would be difficult to tell right from wrong, the principle of “one country, two systems” would not be implemented in an all-round way, and the democratic development called for by the Hong Kong public would not be carried out in the direction set out by the Basic Law.
     
9   Mainstream opinion must be central to constitutional reform”, en China Daily, 20 de abril de 2004.

Some opine that universal suffrage is not the cure for the problem, and radical democracy may conversely aggravate social division and cause social stability. Others think that an "executive-led" government and "balanced participation" are essential to a mercantile city like Hong Kong; and that maintaining economic prosperity and political participation is the foremost task of the SAR.
     
10   Hong Kong: Beijing's Chinese Colony”, en Stratfor, 25 de febreiro de 2004.

The future of Hong Kong's political system is not only about the SAR. The Communist Party is fearful of the effect the dispute will have on Taiwan -- and the precedent a Hong Kong democracy might set for the rest of China. In Beijing's view, it cannot afford to alienate Taiwanese public sentiment since it hopes to peacefully reunify with the island someday.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/04/2004
Fernando Pol