Actualidade Exterior / nº 127-08/2004 de 29 de marzo Volver ó índice
Taiwán: a controvertida reelección de Chen Shui-bian
 
 
Presentación

     
    Contra case todo prognóstico, Chen Shui-bian gañou as eleccións presidenciais en Taiwán, se ben haberá que agardar a que se resolvan as reclamacións da oposición, incluido un novo reconto das papeletas de voto. O presidente saínte fixo unha campaña moi intensa, mobilizando a boa parte do seu electorado e facendo xirar o debate electoral arredor das relacións coa China, tema inevitable en Formosa e no que se sentía especialmente cómodo pero que desta vez ía aderezado coa celebración en paralelo dunha primeira consulta plebiscitaria na que os taiwaneses debían expresar o seu parecer sobre a conveniencia de armarse máis para defenderse mellor dos mísiles que apuntan á illa desde o continente e sobre a naturaleza do diálogo coa China que, en opinión de Chen, debe ser de igual a igual.

Moitos observadores calculaban que Chen gañaría a consulta pero perdería a elección. A súa victoria en 2000 explicouse en boa medida pola división nas filas do vello Kuomintang, que daquela experimentara unha escisión dando lugar ao Partido do Pobo Primeiro, de James Soong. A raíz das eleccións parciais locais de 2002, ese cisma quedou superado, cimentado cunha victoria inapelable en Taipei e unha derrota por moi pouco en Kaoshiung, a segunda cidade do país. Chen non partía como favorito e foi sempre por detrás do candidato opositor, Lien Chan, se ben ao comezo da campaña o número de indecisos era moi alto.

A inesperada derrota do Kuomintang desatou os nervios nesta formación. Lien Chan non acepta os resultados, viciados, di, por un atentado escuro e altamente beneficioso para Chen Shui-bian, a quen acusa de tramposo. Sen ese oportuno tiro na barriga, do que se recuperou en a penas cinco horas, o escrutinio podería presentar un signo moi diferente, asegura. Aínda así, foron moitos os votos anulados, uns trescentos mil (tres veces máis que na elección pasada e deles mais da metade en Tainan, feudo dos partidarios do Presidente), que de ser revisados poderían deixar no aleiro a pírrica victoria de Chen, por escasos trinta mil sufraxios. Na actitude que adopte a Comisión Electoral Central ante as reclamacións guomindanistas descansará a lexitimidade do novo presidente. Taiwán enfronta a máis dura proba do seu proceso político dende o desmantelamento do sistema autoritario que implantara Chiang Kai-shek despois do triunfo de Mao no continente.

O carácter instrumental da consulta quedou de manifesto na valoración política que Chen realizou dos resultados na noite electoral. Nin unha soa mención á baixa participación no plebiscito, case a metade da rexistrada na elección presidencial, e inferior ao mínimo esixido do 50% para outorgarlle validez. Os electores taiwaneses dan a entender así que nas relacións con Beijing, se un opta pola vía da confrontación e mais no plano militar, leva todas as de perder. En calquera caso, non parece que ese fracaso vaia influír notoriamente en Chen quen non mudará a súa orientación soberanista por este resultado; de feito, xa anunciou a elaboración dunha nova Constitución para 2006 na que a identidade taiwanesa debe quedar cabalmente reflectida con signos de diferenciación claros a respecto da China continental.

Os resultados, positivos polo fracaso do referendo pero preocupantes pola victoria de Chen, seguirán espertando os receos de Beijing, quen tratará de facer valer as súas relacións con Washington para templar os ánimos en Taipei. O prezo a pagar non será barato. China é capaz de invadir o mundo, por moi afastado que estea, cos seus productos pero non é quen de espertar o patriotismo dos taiwaneses, que están a un tiro de pedra das súas costas.
     
     
Índice

     
1   Taiwán, dividido”, Editorial de La Vanguardia, 21 de marzo de 2004.

Chen Shuibian, pues, ha ganado, pero no tiene margen suficiente para cambiar el actual estatus de Taiwán. Pekín, que sigue exigiendo la reunificación, puede sentirse aliviado, al igual que el resto de la comunidad internacional.
     
2   Taiwan: elecciones y balas”, Editorial de El País, 20 de marzo de 2004.

Pese a las rituales declaraciones chinas en el sentido de que cualquier intento por Taiwan de declararse independiente acarrearía su destrucción, Pekín ha evitado las amenazas durante la campaña electoral. El primer ministro, Wen Jiabao, se ha limitado a señalar que el referéndum amenaza 'la estabilidad regional'.
     
3   Outcome in Taiwan stokes tension”, en International Herald Tribune, 22 de marzo de 2004.

What worries both the United States and China is the grand target of the Taiwan identity movement: the name of the nation itself. It is currently called the Republic of China, which allows China to claim that it is still part of the Chinese motherland. But some hard-line Taiwanese are insisting on renaming the island the Republic of Taiwan and severing even nominal ties to China.
     
4   Chen survives again”, en The Economist, 22 de marzo de 2004.

After surviving an assassin’s bullet, Taiwan’s President Chen Shui-bian has been narrowly re-elected. But he lost a referendum that Beijing feared would cement Taiwan’s independence, encouraging Hong Kong and other Chinese regions to seek more freedoms.
     
5   Long recount battle looms”, Editorial de The China Post, 13 de marzo de 2004.

As part of their argument, Lien's camp will almost certainly claim that the Central Election Commission's decision to hold the country's first-ever public referenda on the same day as the presidential election may have skewed the results of voting in Chen's favor. If this attempt is successful, it would mean that the government would have to hold another presidential election ¡X a major feat that would be unprecedented in our history.
     
6   Lessons can be learnt from the referendum”, por Bruno Kaufmann, en Taipei Times, 22 de marzo de 2004.

The problem could be solved by not combining an election with a referendum, as well as abolishing the 50-percent turnout requirement. But even if these requirements are upheld, it is possible to secure voting secrecy by not separating the voting procedure.
     
7   The outside world looking in”, entrevista con Edward Friedman e Daniel C. Lynch, en Taipei Times, 22 de marzo de 2004.

Lynch: There was report this morning in the China Times that the US was delaying sending a congratulatory message to President Chen. It is important that the AIT and the White House actually not go along with this, that they will recognize the election results.
     
8   Le vote de Taïwan”, Editorial de Le Monde, 23 de marzo de 2004.

La démocratie est une affaire complexe. C'est sans doute ce qu'ont voulu manifester les quelque 16millions d'électeurs taïwanais appelés à voter samedi 20mars. Ils ont adressé à leurs dirigeants un message de maturité et de prudence, comme si le résultat mitigé sorti des urnes était une manière de rendre compte de la situation de l'île: de facto indépendante depuis 1949 mais toujours sous la menace de Pékin, qui, au nom dunationalisme chinois, entend bien un jour étendre sa souveraineté sur Taïwan, comme cela fut fait à Hongkong.
     
9   Taiwanais, une identité métisse”, en Liberation, 20 de marzo de 2004.

“Le chagrin taiwanais, dans notre conscience collective, est d'avoir été dominés ou maltraités pendant des siècles. Les Taiwanais se sont battus pour obtenir le droit de décider de leur propre sort, et nous n'avons pas l'intention de le laisser échapper. Le fait d'être un jour lié d'une manière ou d'une autre à la Chine est une option. Mais uniquement si nous en prenons la décision nous-mêmes”.
     
10   Europe no bystander in China-Taiwan standoff”, por Jean-Pierre Cabestan, en Khaleej Times, 17 de marzo de 2004.

Chirac aims to privilege closer relations not only with China but any country able to resist US domination of world affairs, whatever their political regime may be. Conversely, Taiwan is perceived by Chirac and the `European Nationalists' as a troublemaker and an impediment to their efforts to re-balance world power.
     
11   After Taiwan vote, Beijing's role is crucial”, por Ralph A. Cossa, en Mercury News, 17 de marzo de 2004.

Beijing and Washington will both be watching closely to see if, like four years ago, he tries to set a positive tone or if he pursues a more confrontational approach. But some pro-active diplomatic gestures by Beijing, immediately after the election results are announced, can also play a major role in setting the tone for future cross-Strait relations. Beijing should have the political courage and foresight to wave olive branches rather than sabers at the new Taiwan president, whoever he might be.
     
12   A wounded victor”, en The Guardian, 22 de marzo de 2004.

Beneath the posturing, both sides should realise history is moving on. A sizeable part of Taiwan wants independence. China is not the only nation for which issues of sovereignty are highly neuralgic. Even the Nationalist party successors to the old Kuomintang, who fled China in 1949, tacitly recognise the growth in Taiwanese identity. Their beef with the pro-independence Democratic Progressive party is pragmatic, rather than principled. What's wrong with the status quo? Nobody is suffering, and in time China will become more democratic, they argue.
     
13   Taiwan: Close Chen Victory a Vote for Status Quo”, en Stratfor, 20 de marzo de 2004.

The election results show that what the island most wants is not to antagonize the giant across the strait. Taiwan already enjoys de facto independence, and there is little reason to risk its security just to legalize what it already has. The president has proven that the future of the island's sovereignty is a critical issue among Taiwan's voters, and the 2008 elections will probably again center on this issue again.
     
14   The Survivor”, en Time, 29 de marzo de 2004, vol 163, nº 12.

Chen Shui-bian defied an assassination attempt, virulent opposition from Beijing and a desperately close vote to win re-election as President of Taiwan. But his problems may be just beginning.
     
15   Claves: la relación de Taiwán y China”, en BBC Mundo, novembro de 2003.

Las relaciones entre China y Taiwán comenzaron a dirigirse hacia aguas turbulentas cuando Taiwán mostró su intención de aprobar un controvertido proyecto de ley, que permitiría la realización de referendos. El haberlo hecho probablemente generará una fuerte reacción en China, que ve con alarma la posibilidad de que Taiwán utilice este mecanismo para declarar formalmente su independencia.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/03/2004
Fernando Pol