Actualidade Exterior / nº 126-07/2004 de 22 de marzo Volver ó índice
Chávez, entre o TSJ e o CNE
 
 
Presentación

     
    A notoria discrepancia no seo das máis altas instancias engade maior polarización á xa de por si incerta crise venezolana. O pasado luns 15 de marzo, a Sala Electoral do Tribunal Supremo de Justicia (TSJ) fixo pública a decisión de validar as case 800.000 firmas que dúas semanas antes atopara defectuosas o Consejo Nacional Electoral (CNE), e que debían ser sometidas a revisión dos firmantes a partir do xoves 18 ata o luns 22 de marzo. Esas firmas resultan imprescindibles para a oposición no seu afán por celebrar un Referendo revogatorio contra o presidente Hugo Chávez, propósito para o que necesitarían 2,5 millóns de firmas, o 20% do censo electoral.

Inmediatamente, dende o goberno de Chávez comezaron a activarse as estratexias legais necesarias, co seu respectivo cruce de palabras, para frear a posibilidade de que o Tribunal Supremo valide completamente as firmas e preme ao CNE para a celebración do Revogatorio. O presidente do CNE, Jorge Rodríguez, manifestaba ao día seguinte que o ente electoral soamente obedecería unha decisión emanada da Sala Constitucional do TSJ, en aras de preservar a autonomía do órgano electoral. Pola súa banda, o vicepresidente da República, José Vicente Rangel, cargou contra os maxistrados que aceptaron a validación de firmas acusándoos de cometer un “burdo e ilegal golpe electoral”.

Na véspera da revisión das planillas que conteñen as firmas necesarias para convocar o revogatorio e tras un breve período de calma despois dos violentos enfrontamentos na rúa ocorridos entre o 27 de febreiro e o 4 de marzo, os ánimos políticos volveron a caldearse. Chávez ordenou unha agresiva estratexia na rúa para presionar ao TSJ a fin de que non valide as firmas. A oposición agrupada na Coordinadora Democrática sigue presionando e enviando peticións ao TSJ para que, á súa vez, presione ao CNE e aprobe a convocatoria do referendo. O órgano electoral introduciu un recurso de controversia contra a decisión da sala do TSJ mentres agarda a revisión das planillas antes de emitir a decisión, a todas luces imaxinable como contraria aos desexos da oposición. Neste aspecto, o goberno de Chávez parece ter ganado a batalla, a tenor dos seus exitosos esforzos por retrasar a celebración do referendo, da debilidade política da Coordinadora Democrática e da compracencia da maioría dos integrantes do CNE cos desexos do presidente Chávez.

O Centro Carter e a delegación da OEA, garantes do proceso que podería levar ao revogatorio, instaron á oposición a que non levara a cabo a manifestación prevista para o venres 19, por temor a que a violencia política rebrote novamente nas rúas. O efecto dos enfrontamentos de hai dúas semanas, que deixaron 11 mortos, centos de feridos e 350 detidos a nivel nacional, sigue xerando polémicas, xa que Amnistía Internacional e Human Rights Watch, así como a propia OEA, acusaron ao goberno de Chávez de practicar unha planificada represión contra a oposición así como detencións contra os seus líderes. O último exemplo neste sentido foi a detención do alcalde do municipio capitalino de Baruta, Henrique Capriles Radonski, pertencente ao partido opositor Primero Justicia, por cargos de violación de compromisos internacionais e abuso de poder durante o asedio á embaixada de Cuba o 12 de abril de 2002, horas despois da breve caída de Hugo Chávez.

De igual modo, desde Brasil, Arxentina e EEUU son cada vez máis intensas as voces que instan a Chávez e a oposición a atopar unha solución do conflicto venezolano polas vías constitucionais, cunha sutil presión a Chávez para que permita a celebración do Referendo. En canto ás relacións entre Caracas e Washington, os ataques proferidos por Chávez contra membros da administración Bush e o propio presidente estadounidense non menguaron nas últimas semanas. Incluso unha nova controversia rexional comezou a activarse co ofrecemento de asilo ao deposto presidente haitiano Jean Bertrand Aristide, quen nestes momentos se atopa en Xamaica. Chávez apoia a acusación de Aristide de que foi “secuestrado pola CIA” para forzar o seu exilio.

En tanto se agarda a decisión sobre a definitiva validación das firmas, ambos bandos parecen medir as súas últimas forzas. Chávez completou practicamente o seu dominio das Forzas Armadas colocando a oficiais leais nos postos do Alto Mando, mentres as de choque na rúa seguen a ser o principal temor da oposición. Esta sigue pregándose á derradeira oportunidade que lle outorgaría a decisión do TSJ e o CNE de convocar o Referendo, respaldada por organismos exteriores e unha situación rexional francamente contraria a Chávez. Da mesma maneira, ambos bandos se esforzan nos preparativos políticios das eleccións lexislativas e rexionales de agosto e decembro próximo, verdadeiro termómetro electoral de cara ás presidenciais de decembro de 2006, outeando a posibilidade de que non se celebre o Referendo. Mentres tanto, a situación do país sigue navegando polas turbias augas da incerteza e a inestabilidade.
     
     
Índice

     
1   El acertijo electoral”, por Manuel Felipe Sierra, en El Nacional, 8 de marzo de 2004.

Hoy los hechos indican que la mayoría del CNE cuenta con suficientes mecanismos legales y operativos para seguir alargando los lapsos y colocar el revocatorio en un momento, donde éste pierda la esencia de la voluntad expresada por más de tres millones de venezolanos.
     
2   La saga continúa”, Editorial de Diario 2001, 17 de marzo de 2004.

La Sala Electoral sí procedió ajustada a Derecho y desconocerlo, pondría en duda que pueda haber elecciones democráticas en el futuro en este país.
     
3   EEUU y Venezuela deben profundizar diálogo energético”, en Entorno Inteligente, 17 de marzo de 2004.

La creciente demanda de energía de Estados Unidos y las fortalezas de Venezuela como proveedor seguro y confiable de hidrocarburos, imponen la necesidad de profundizar el diálogo en materia energética entre ambas naciones”, destacó el viceministro de Hidrocarburos y director de Petróleos de Venezuela (Pdvsa), Luis Vierma.
     
4   Repairing a Recall in Venezuela”, en The New York Times, 9 de marzo de 2004.

As long as Mr. Chávez continues to abide by the rules of Venezuela's constitutional democracy, his opponents are obliged to do the same. They can claim no popular or legal mandate for turning to unconstitutional methods, as they did in 2002.
     
5   Coup by Technicality”, en The Washington Post, 5 de marzo de 2004.

If Mr. Chavez continues to deny his people a democratic vote, leaders from those nations must be prepared to invoke the Democracy Charter of the OAS and threaten him with the isolation reserved for autocrats.
     
6   Jonathan Gurwitz: Don't let Chavez choke Venezuela's democracy”, en San Antonio Express, 17 de marzo de 2004.

It's time for the United States, the Organization of American States and all nations that value freedom to stop soft-peddling Chavez's subversion of democracy in Venezuela. If Chavez will not allow Venezuelans to exercise their constitutional right to hold a referendum, his regime should face the diplomatic isolation and economic sanctions accorded other dictators, terrorist supporters and rogue regimes.
     
7   The scenarios for rupture”, en El Universal, 9 de marzo de 2004.

Chávez' dilemma is this: He can turn the revolution's cards and eliminate of the enemy, provoking a middle-term continental and worldwide reaction. Or, else, he can extend the agony of formal democracy to continue enjoying the advantages of his position as legitimate head of state. So far, Chávez has chosen the second option.
     
8   Venezuela bajo el volcán”, por Mario Vargas Llosa, en El País, Instituto Cultural Iberoamericano Mario Vargas Llosa, marzo de 2004.

Ese pueblo merece ser apoyado por todos los demócratas del mundo entero. Porque el comandante Chávez, como ocurre siempre con las dictaduras, no sólo es un enemigo de su propio pueblo, sino un peligro para sus vecinos y para todos los regímenes democráticos del Continente, a quienes, por lo demás, ya ha comenzado a hostilizar, tratando de desestabilizarlos.
     
9   Venezuela: The Next Cuba”, por Mario Crespo, en FrontPageMagazine.com, 3 de marzo de 2004.

Meanwhile, Chavez has purged and is reorganizing the Venezuelan military, making it personally loyal to him. Thousands of Cuban “teachers, doctors and sports trainers” also have flooded Venezuela. Their real job is to indoctrinate and train fanatically pro-Chavez paramilitary groups known as “Bolivarian Circles” that are part ofa new 100,000-person People’s Reserve militia recruited from Venezuela’s poorest classes. These groups provide alternative armed cadres outside regular military channels loyal to Chavez.
     
10   Venezuelan Opposition Attempts to Induce a Breakdown of Institutions”, en Venezuelanalysis.com, 16 de marzo de 2004.

News outlets have announced that the Venezuelan Supreme Court declared valid sufficient signatures to proceed with a Recall Referendum on President Chávez’s mandate. The opposition has been setting off fireworks all night and celebrating this critical decision, which allows them to apparently achieve their hard-fought goal of attempting to remove President Chávez from his democratically elected office prematurely. Were the story to end here, a date for a referendum would be set and the opposition’s propaganda machine would start cranking.
     
11   Oposición "made in Washington"”, en Granma, 9 de marzo de 2004.

Desde hace algunas semanas, Chávez ha reiterado acusaciones contra la Casa Blanca y en particular contra las conspiraciones del ultraderechista Roger Noriega. Con llamados a la comunidad mundial, Chávez dejó clara la voluntad de su Gobierno de no permitir nuevas alteraciones del orden que en su opinión son de factura "made in Washington", ante lo cual reiteró, "ya se sabrá qué hacer, pues en Venezuela no ocurrirá lo de Haití".
     
12   Onward to Venezuela?”, en Counterpuch, 6 de marzo de 2004.

But what really rankles Bush and Big Oil is the fact their CIA-engineered coup d'etat on April 12, 2002 did not stick. Unlike the seemingly effortless removal of Jean-Bertrand Aristide in Haiti, getting rid of Chavez will not be easy.
     
13   Hugo Chavez Accuses US of Spending Over $1 Million To Help Oust Him”, en DemocracyNow, 4 de marzo de 2004.

In the summer of 2002, the State Department's Inspector General's office also released a report that determined the National Endowment for Democracy or the U.S. government did not nothing to encourage the coup. But the report did state the NED, the Pentagon and other US assistance programs "provided training, institution building and other support to individuals and organizations understood to be actively involved in the brief ouster of the Chavez government".
     
14   Regime Change Or bust”, en The Economist, 13 de marzo de 2004.

Quite aprat from the welfare of Venezuela, George Bush's administration has plenty of reasons for wanting to see the back of Mr Chávez. He is implacably opposed to the Free-Trade Area of the Americas, and to Plan Colombia, the campaign to defeat guerrillas and drug-traffiking in Venezuela´s neighbour –two of America's most cherished regional iniciatives.
     
15   Venezuela: Chavez To Have Last Laugh Over Referendum?”, en Stratfor, 8 de marzo de 2004.

If the CNE is neither credible nor transparent, then its ruling does not matter. Since about 70 percent of the Venezuelan electorate is determined to oust Chavez and about 30 percent are equally determined to keep him, Venezuela's political turmoil could persist for several years. Moreover, Chavez controls the armed forces and also is believed to have armed thousands of civilian supporters –but some extremist anti-Chavez groups such as Bandera Roja also have weapons. Neither side is likely to roll over and admit defeat.
     
16   BBO Weekly Report”, en Venezuelatoday.net, 12 de marzo de 2004.

While the worlf media began carrying the news, calm returned to the streets of Caracas just as President Chavez addresed the diplomatics corps to explain to them that, once again, the violent outbreak of the previus week was all the opposition´s fault.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/03/2004
Fernando Pol