| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
O que parecía imposible dende as eleccións lexislativas
de 2002, cando o Partido Liberal Austríaco (FPOE) experimentou a maior derrota electoral na historia de
Austria, ocorreu o domingo 7 de marzo en Austria: máis dun 42 por cento dos electores do Estado de Carintia
reafirmaron o seu apoio ao dirixente populista Joerg Haider, quen celebrou a victoria máis sorprendente
da súa carreira política.
O Partido Liberal obtivo o 42,5 por cento dos votos, un 0,4 por cento máis que nos últimos comicios
de 1999. O partido do chanceler e líder dos populares (OEVP), Wolfgang Schüssel, foi o gran perdedor
das eleccións. Os socialdemócratas (SPOE) puideron aumentar a súa porcentaxe de votos, pero
non o suficiente para gañar ao Partido Nacional Liberal. A súa victoria foi unha sorpresa, anque
xa se sabe que Haider, como ningún outro político austríaco, é quen de converterse
no centro de atención. Os seus propios partidarios quedaron asombrados cando escoitaron os primeiros resultados.
Cando todas as sondaxes de opinión lle prognosticaban unha derrota, o home forte do Partido Liberal volveu
gañar.
Pero, cómo foi posible esta victoria? Cómo o político austríaco máis controvertido
non soamente no propio país, senón no mundo, foi quen de gañar estas eleccións, consideradas
anticipadamente como unha victoria segura dos socialdemócratas? Nin sequera o mesmo Joerg Haider quixo responder
á pregunta acerca de se estamos ante unha victoria persoal ou do partido.
Alén da sorpresa, cómpre ter en conta varios aspectos interesantes sobre as eleccións en Carintia.
Primeiro, os propios habitantes de Carintia. Anque ninguén o quere admitir, os carintinos respectan ao seu
gobernador tanto polas súas posicións nacionalistas como polos resultados positivos da súa
política. Non todos están de acordo coas súas visitas a Saddam Hussein ou coas súas
opinións sobre a política de Hitler e Bush; pero o aceptan porque, en xeral, “Haider di o que a xente
pensa” e o que o resto dos políticos non se atreven a dicir. Ademais, existe unha resistencia moi forte
nas provincias austríacas fronte á política federal. Por iso soamente un gobernador ”forte”
pode garantir un peso político adecuado para ser respectado polo goberno federal.
Isto nos leva a outro aspecto interesante: o que pasou cos demais partidos políticos que fixeron posible
esta victoria, sobre todo co candidato socialdemócrata, Peter Ambrozy, que non foi quen de manter as súas
posicións contra Haider. En terceiro lugar, a campaña electoral de Haider, quen, segundo estimacións,
gastou máis de 8 millóns de euros nunha promoción centrada unicamente na súa persoa.
Joerg Haider, un populista de dereitas, non respecta os límites do discurso político establecido
en Austria, un país cun sistema que non avanzou dende a fin da Segunda Guerra Mundial. Anque o seu partido
está no goberno, Haider é a maior forza de oposición ao goberno, e, paradoxalmente, ese contrasentido
é unha das razóns que explican o éxito da súa política nas ultimas décadas.
O triunfo de Haider se debe primeiro que nada á súa persoa.
Pero Haider non soamente é o gobernador do estado federal de Carintia; tamén é o ideólogo
do Partido Liberal, que forma parte da coalición en Viena e que respalda ao chanceler Wolfgang Schuessel.
Dende o momento en que a UE impuxo sancións contra Austria pola coalición entre o Partido Popular
e o Partido Liberal, Haider deixou de ser o líder oficial do partido, pero non cabe dúbida da súa
influencia dominante na xestión do FPOE. Haider abandonou a dirección do partido no ano 2000, e semella
que agora é o momento para volver a presidir o Partido Liberal.
Haider é un perigo para o chanceler Wolfgang Schuessel, para quen as eleccións en Carintia foron
un pesadelo. O seu partido perdeu a metade dos representantes na Cámara rexional, e o peso político
de Haider, quen xa provocara a ruptura do goberno austríaco en 2001, creceu de novo. O único consolo
para o chanceler Schuessel é que unha derrota de Haider case con seguridade houbera desfeito de novo a coalición
gobernamental. O que vai a suceder agora depende dos cálculos de Joerg Haider e do apoio do Partido Popular
á súa candidatura ao cargo de gobernador. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Charme vor Inhalt in Oesterreich”, NZZ (Neue Zuercher
Zeitung), 9 de marzo de 2004.
Bei der Landtagswahl in Kärnten hat
der weltberühmte Landeshauptmann Jörg Haider seine vor kurzem noch stark angeschlagene Position erneut
gefestigt - ein Erfolg des Populisten und Charismatikers. Die Wiederwahl scheint ihm sicher, denn seine Freiheitlichen
haben ihren Spitzenplatz gehalten, anders als in Salzburg, wo sie praktisch in der Bedeutungslosigkeit versunken
sind. Die Sozialdemokraten haben auch in Kärnten zugelegt, während die Volkspartei zur Kleinpartei geschrumpft
ist; sie ist gerade noch stark genug, um Haider das Verbleiben im Amt zu ermöglichen. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Haider pourrait relancer sa carrière national”, en Le Figaro,
9 de marzo de 2004.
«Vive le populisme», résume
le quotidien conservateur Die Presse. Chassé par la grande porte de la politique fédérale,
Jörg Haider, l'enfant terrible de la classe politique autrichienne, revient par le fenestron de son fief de
Carinthie. Et le second scrutin régional de dimanche, dans le Land de Salzbourg, apporte la victoire à
la tête de liste sociale-démocrate, Gabi Burgstaller, qui avait tablé sur son charisme plutôt
que le moindre argument de fond. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Triunfo inesperado”, en Deutsche Welle,
8 de marzo de 2004.
Carintia es el único de nueve estados
gobernado por los ultranacionalistas. El politólogo austríaco, Anton Pelinka, asegura que sólo
aquí existe suelo fértil para el FPOe. Según Pelinka, Carintia se diferencia por varios factores
del resto de los estados federados austríacos. En este estado imperan las diferencias étnicas, viejos
prejuicios frente a la minoría eslava y el pangermanismo tiene raíces más profundas que en
otros estados del país. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Kaernten ist anders”, FAZ (frankfurter Allgemeine Zeitung), 8 de marzo de 2004.
Nach seinem Wahlsieg in Kärnten hat
Landeshauptmann Haider seinen Anspruch auf eine Wiederwahl erhoben. Er erwarte jetzt nicht nur Unterstützung
aus der SPÖ, sondern auch ein Umdenken in der ÖVP, so Haider im Rundfunk. Am Montag bot er beiden Parteien
an, künftig "in allen wesentlichen Fragen im Interesse des Landes und seiner Bevölkerung zusammenzuarbeiten".
Deswegen sollten auch so rasch wie möglich klare Verhältnisse im Blick auf die Regierungsbildung und
die Wahl des Landeshauptmanns geschaffen werden. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Noch mehr Kaerntnerisch in den Wiener Amststuben”, en Die Presse,
8 de marzo de 2004.
I'll be back, lautet ein legendärer
Sager der Filmgeschichte. Wobei sich die Rückkehr (des Terminators) übrigens einigermaßen brachial
gestaltet. Auch Jörg Haider ist nach diesem Wahlsonntag definitiv wieder da. Im Grunde bestimmte er schon
in den letzten Wochen die Bundespolitik: angefangen von der Zurückzahlung der Pensionsverluste, mit der er
auch den Bund zum Handeln zwang, bis zu einer möglichen Präsidentschaftskandidatur des VP-Mannes Franz
Fiedler, bei der Haider eine wichtige Rolle spielt. Der Bärentaler wird künftig noch mehr in der Bundespolitik
mitmischen wollen, was große Reformnotwendigkeiten wie die Pensions-Harmonisierung schwierig gestalten dürfte.
Und Kärnten wird weiterhin die FP-Jobbörse bleiben: Schon jetzt ist der häufigste Dialekt in blauen
Ministerbüros Kärntnerisch. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Haider’s enduring appeal”, en BBC News Online,
8 de marzo de 2004.
Joerg Haider, the charismatic nationalist
associated with controversial causes like Saddam Hussein and Nazi employment policy, was meant to have slipped
from power in local elections at the weekend as part of the general plummet in popularity of his far-right Freedom
Party. But he looks likely to hang on to his job as governor of the southern Austrian province of Carinthia. He
managed not just to maintain the share of the vote he won in 1999, when Carinthians last held regional elections,
but even to marginally increase his party's standing. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Ich bin nicht der Butler der FPOE”, Entrevista con Joerg Haider,
Kleine
Zeitung, 9 de marzo de 2004.
Wahlsieger Haider schließt Übernahme
der Bundespartei nicht aus, will aber nicht mehr für "die anderen durchs Land tingeln". HAIDER:
Für mich ist es der Höhepunkt meiner politischen Laufbahn, unter solchen Umständen einen Erfolg
zu erkämpfen. Es ging sehr um mich persönlich. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Kaernten ist wirklich anders”, Sueddeutsche Zeitung,
7 de marzo de 2004.
Die FPÖ ist den Leuten egal: Hauptsache
Junker Jörg bleibt. Neben schwächelnden bis erbärmlichen Gegenkandidaten hat der verblassende Alpenfürst
noch immer höchsten Glanz. Zwar haben auch die Sozialdemokraten hinzugewonnen. Sie können wie schon bei
den letzten Nationalratswahlen mit dem relativen Sieg jedoch nichts anfangen, denn andere wissen glänzender
zu siegen. Jörg Haider wird mit dem Sieg in Kärnten wieder hoch pokern in Wien. Der Kärntner Widersinn
macht ihn aber aus Wiener Sicht endgültig zum exzentrischen Provinz-Außenseiter, dem man noch widerwilliger
zuhören wird als bisher. |
| |
|
|
| 9 |
|
“El
triunfo en Carintia aúpa de nuevo al ultra Haider”,
La
Vanguardia, 8 de marzo de 2004.
El líder de la extrema derecha austriaca
Jörg Haider puede planear un inmediato retorno a la política nacional tras su triunfo en las elecciones
federales de la región de Carintia, un resultado que incomoda al primer ministro, Wolfgang Schüssel,
del Partido Popular, que gobierna en coalición con el Partido Nacional Liberal que maneja Haider desde la
sombra. |
| |
|
|
| 10 |
|
“El partido ultra de Haider mantiene contra pronóstico
su primacía en la region de Carintia”,
en El Mundo, 7 de marzo de 2004.
Este triunfo permitirá a Haider mantenerse
otro cinco años en el poder en el estado más meridional de Austria y continuar influyendo en los
designios de la coalición gubernamental en Viena, formada por los 'populares' de Schüssel y el FPÖ. |
| |
|
|
| 11 |
|
“El ultraconservador austríaco vuelve a ganar
los comicios en Carintia”, en ABC, 8 de marzo de 2004.
Muchos analistas advierten de que la victoria
de Haider supone una amenaza para el canciller Wolfgang Schüssel, que gobierna la República alpina
gracias al apoyo de los siete diputados que el FPÖ tiene en el Parlamento de Viena. Ya en 2001, las maniobras
de Haider provocaron una crisis de gobierno, la ruptura de la coalición ÖVP-FPÖ y la convocatoria
de elecciones anticipadas. |
| |
|
|
| 12 |
|
“Haider’s star ascends with victory in Austria”, IHT
(International Herald Tribune), 8 de marzo de 2004.
Jörg Haider's political star rose Sunday
after his rightist party won elections in his home province, giving him what he hopes will be a springboard to
reclaim national prominence.While the voting was restricted to Carinthia, Austria's southernmost province, its
significance extends beyond. Haider hoped to use a victory to revitalize his Freedom Party, which has less than
10 percent support in national opinion surveys, down from 27 percent support in the 1999 national elections, when
Haider's attacks on traditional political parties and bursts of xenophobia powered his party into the Austrian
government. |
|