| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Do venres 21 de novembro ao luns 1 de decembro, Venezuela viviu
sendos e históricos procesos de recollida de firmas para solicitar a revogatoria a 38 deputados da oposición,
34 do goberno, e o propio Presidente da República, Hugo Chávez Frías. O mecanismo de activación
do Referendo Revogatorio se converteu no novo e derradeiro capítulo da confrontación que o presidente
Chávez e os seus seguidores manteñe coa oposición política dende hai dous anos, agora
concentrada nos canais institucionais.
A pesar dos mutuos ataques e ameazas verbais días antes de activarse a recollida de firmas, o proceso transcorreu
de maneira pacífica en liñas xerais, salvo incidentes illados. A efectiva activación por parte
do goberno a través do Plan República, mediante diversos compoñentes da Forza Armada, serviu
como garante da orde pública e da normalización do proceso, mentres os simpatizantes tanto do goberno
como da oposición lograron recoller as firmas nun ambiente de normalidade. Ese civismo no proceso foi recoñecido
polo secretario xeral da Organización de Estados Americanos, César Gaviria, e os membros do Centro
Carter, garantes internacionais do proceso, presentes no país os días de recolección de firmas.
A partir de agora quedan 30 días para verificar a autenticidade das sinaturas por parte do Consello Nacional
Electoral e despois, caso de ser admitidas, virá un proceso de negociación durante 90 días
para acordar a fecha de realización das consultas. Os cálculos no seo da Coordinadora Democrática,
organismo que agrupa aos partidos opositores, de diversos xuristas e analistas políticos e incluso membros
do CNE, estiman que o Referendo Revogatorio podería levarse a cabo entre abril e maio de 2004.
O proceso de recollida de firmas por parte do goberno tivo lugar entre o venres 21 e o luns 24 de novembro. Segundo
o vicepresidente José Vicente Rangel, o oficialismo logrou recoller pouco máis de 2 millóns
600 mil firmas para solicitar o revogatorio de 38 deputados da oposición (moitos deles ex oficialistas),
quen serían substituídos por suplentes afectos ao proceso revolucionario bolivariano.
O obxectivo de Chávez e os seus simpatizantes con este mecanismo é recuperar a maioría absoluta
na Asemblea Nacional e poder posicionarse políticamente con máis forza de cara ás eleccións
lexislativas e de gobernadores de agosto de 2004 e as de alcaldes de decembro dese mesmo ano, onde esperan renovar
e cambiar o panorama político dentro dos consellos lexislativos municipais e rexionais e diversas gobernacións
e alcaldías en mans da oposición.
Pola súa banda, a oposición acometeu a recollida de firmas entre o venres 28 de novembro e o luns
1 de decembro. O domingo 30, nun 15% das mesas electorais, xa non quedaban impresos. O luns 1 pola noite, a Coordinadora
anunciaba o éxito do proceso, pero sen aportar cifras reais. As estimacións anuncian entre 3,8 e
4 millóns de firmas, sendo necesarias 2,6 millóns, o 20% das recollidas nas eleccións de 2000.
Inmediatamente, tanto o presidente Chávez coma o vicepresidente Rangel invocaron a posibilidade dun fraude
nas firmas, ao mesmo tempo que o goberno cerraba as fronteiras físicas con Colombia e aéreas a través
do Aeroporto Internacional.
Ambos actores saen aparentemente reforzados tra-la realización dos procesos, especialmente a oposición,
que logrou activar amplamente a súa petición de revogatorio. Pero a realidade anuncia que ambos actores
se atopan profundamente desgastados tras meses de incerteza en medio da peor crise económica e social en
máis de medio século. O tira e afrouxa sobre a realización dos referendos que predominou nos
meses anteriores e o papel desempeñado pola nova directiva do CNE na promulgación dos regulamentos
para a realización dos mesmos, aminorou o ambiente de confrontación política, aínda
que non o aliviou de todo.
A decisión tomada polo CNE o 14 de novembro de rexeitar a recollida de firmas no exterior, provocou un amplo
rexeitamento, principalmente no seo da oposición, que contaba con ese mecanismo para reforzar o número
de firmas obtidas para solicitar o Revogatorio. Aínda que a decisión do CNE estivera dominada pola
cautela neste aspecto (debido á extensa rede de venezolanos no exterior dispostos a participar nun revogatorio
contra Chávez), pode ser vista tamén como un arma de dobre fio, porque dese xeito impediu que simpatizantes
do chavismo que viven no exterior firmaran os revogatorios de deputados e provocou unha inesperada e inédita
marxinación dos dereitos constitucionais e políticos dos venezolanos que viven no estranxeiro.
No aspecto meramente electoral, ao aminorar a confrontación e o nivel de violencia política, a imaxe
do presidente Chávez obtivo un notable repunte nas enquisas de opinión pública, ubicándose
agora entre un 30-40% de aceptación popular. Os plans sociais do goberno, a través dun extenso gasto
público en alimentación e asistencia médica nas zonas populares, contribuiu a reforzar a imaxe
do presidente Chávez. Outro factor de importancia nestes últimos meses foi o crecemento do sector
denominado os “Nin-Nin”, críticos co chavismo e co liderato da oposición, e que segundo as enquisas
estaría ubicado nun 35% da poboación. A pesar de que o rexeitamento a Chávez rolda entre o
60-70% da poboación, o sector “Nin-Nin” resultaría decisivo de cara a calquera proceso electivo,
tomando en conta que 2004 aparece no horizonte como ano de definicións electorais.
A pesar do éxito na convocatoria do chamado Reafirmazo, o problema para a oposición segue a ser a
súa indefinición á hora de elixir un candidato único, elemento imprescindible para
aglutinar aos venezolanos opostos á xestión de Chávez. Cun 30-40% de apoio electoral, o presidente
Chávez posúe ampla marxe de manobra ben para manterse no poder ou ben abandonalo tras unha eventual
derrota refrendaria, para volver a promover a candidatura nas presidenciais de decembro 2006, con opcións
claras de volver á presidencia. A división política da oposición xoga inexorablemente
en contra dela e das súas aspiracións.
A clave da situación actual volve a mans do CNE. Varios dirixentes da oposición claman por unha verificación
imparcial, denunciando que poderían levarse a cabo manexos fraudulentos no seo do organismo electoral. As
mesmas acusacións de fraude proveñen do sector oficialista.
A pesar do civismo do proceso de recollida de firmas, diversas declaracións oficialistas trazan un escenario
onde o espectro da polarización social e política non descartan a posibilidade da violencia. O vicepresidente
Rangel ven anunciando constantemente a estratexia “golpista” da oposición mentres que Roy Chaderton, ministro
de Relacións Exteriores venezolano, declarou recentemente a un diario chileno que “o espectro da guerra
civil non se foi de Venezuela”. Sen embargo, estas opcións parecen ser cada vez menores, se se toma en conta
a actitude democrática dos venezolanos que estes días estamparon as súas sus firmas para reclamar
o seu dereito a decidir. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Firmar
por la democracia”, editorial de Análitica,
26 de novembro de 2003.
La exigencia de los propios venezolanos
por la búsqueda de estabilidad política, sumada a la cada vez mayor presión por parte de los
actores internacionales, prefigura que la expresión constitucional es la salida por la que todos están
apostando, dejando de lado la violencia. |
| |
|
|
| 2 |
|
“En
vísperas del Firmazo”, opinión
de El
Nacional, 12 de novembro de 2003.
Es mas, crece la convicción de que
la jornada de recolección de firmas de la oposición del 28 de noviembre al 1 de diciembre, superará
con creces los sufragios obtenidos para la relegitimación de Chávez en el año 2000. Si ello
ocurriere se produciría un acto que deslegitima la legalidad de desempeño del régimen y que
da paso a diversos escenarios, todos ellos contrarios al proyecto chavista. |
| |
|
|
| 3 |
|
“El
otro desafío de la oposición venezolana: elegir un solo líder”, por Pilar
Conci, en La Nación, 30 de novembro de 2003.
En caso de que se logre convocar al referéndum
y de que Chávez sea destituido, hay dos posturas dentro de la oposición sobre los pasos por seguir.
La mayoría cree que en 2004 (probable fecha para las elecciones) se debería optar por un presidente
de transición que sólo complete el mandato de Chávez hasta 2006. Otros creen que el presidente
de transición debería estar habilitado para volver a ser candidato. |
| |
|
|
| 4 |
|
“El Referéndum es Contra La Oposición”, por Dozthor
Zurlent, en Rebelion,
20 de novembro de 2003.
Aún más problemático
para la oposición es el hecho de que en un vecindario de clase media como es Los Teques, el Sr. Mendoza,
la principal figura de la oposición, no haya sido capaz de obtener apoyo para un simple mitin. Los medios
privados dicen que el referéndum es contra Chávez, al final el referéndum puede terminar siendo
contra los que llevaron a cabo el golpe de estado, contra los del paro patronal de diciembre 2002, contra los que
continúan mintiéndole al mundo. El referéndum es contra la oposición. |
| |
|
|
| 5 |
|
“People
with personal ambitions will no longer be forgiven”,
entrevista con Julio Borges en El Universal,
1 de decembro de 2003.
Our country has been dismantled so badly
that we now have to start rebuilding democracy from ABC, and ideologies have no major importance in this case.
The ABC for the reconstruction of democracy is similar to the old moral and civic education textbooks. The cement
bonding the (opposition umbrella group) Democratic Coordinator should be not only ousting Chávez, but also
defending the rule of law and representative democracy. That will be vital for reconstruction during transition.
Therefore, ideologies should not separate us. |
| |
|
|
| 6 |
|
“'Reafirmazo' and 'Revocalos' (Re-sign/Re-affirm
and Revoke'em)”, por Gregory Wilpert, en Venezuelanalysis,
25 de novembro de 2003.
Big question for everyone who knows of the
ups and downs of Venezuelan politics is, how long will this peace last? In the weeks leading up to the petition
drives, Chavez and other politicians of the governing coalition presented evidence that suggested that some more
radical members of the opposition were planning to cause disturbances during the recall referendum, in the form
of bomb attacks against signature collection locales, which would then be blamed on Chavistas. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Will
Venezuelans Sign Up To Dump Chavez?”,
en Business
Week, 25 de novembro de 2003.
Opposition leaders are hoping for a resounding
victory. If they collect well over the threshold number of names, "the President will be a lame duck,"
says Henrique Salas Romer, an opposition presidential contender. But Chavez may not go easily even if a recall
referendum were to win. The danger remains that his supporters and opponents alike could take to the streets –and
that Chavez could declare a state of emergency. Venezuela's political struggle is far from over. |
| |
|
|
| 8 |
|
“The democratic tactics of Venezuela's Foreign Ministry”, en Vcrisis,
1 de decembro de 2003.
In any case this regime is at the last bend
of the road. No report, declaration or statement coming from then can be taken seriously. There is of course the
peanut gallery -composed by the BBC, The Guardian, Amnesty International and some others- ever eager and ready
to reverberate the nonsense, however “no se puede tapar el sol con un dedo” that is “you just cannot block the
sun with one finger”. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Venezuela:
Petition Drive Successful, but Government Fraud Ahead?”,
en Stratfor, 1 de decembro de 2003.
In fact, throughout their prolonged efforts
to oust Chavez, the opposition has been largely on its own without any real international support. This is not
going to change in the foreseeable future, unless the Bush administration suddenly perceives Chavez as a threat
to U.S. national security. But this shift would happen only if clear and compelling proof turned up that Chavez
is actively supporting Islamic extremist groups in their conflict against the United States. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Venezuela:
Back to the Future: A Comparison with Chile's Transition to Democracy”,
por Citigroup Global Markets, en CEDICE (Centro de Divulgación del Conocimiento Económico),
20 de novembro de 2003.
Drawing on experiences from the transition
to democracy in Chile, this analysis will hopefully breathe some objectivity and insight into the case of Venezuela,
and punch some holes in the pessimistic current conventional wisdom about Venezuela reflected in almost all news
reports and real time analyses. The parallels between current day Venezuela and Chile’s experience with authoritarianism
and the struggle back to democracy some twenty years ago are striking. |
| |
|
|
| 11 |
|
“Electoral
bias…”, informe económico semanal
de BBO
Financial Services, 21 de novembro de
2003.
While naming the Consejo Nacional Electoral
has opened the democratic path to a resolution of the Venezuelan political crisis that body continues to act with
a bias in favour of the Chávez Government that this week reached levels never seen before. Its first atrocious
decision last week, was to block the possibility of Venezuelans living abroad from participating in the petition
drive for Chávez’ recall. |
|