| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Seica nin el mesmo o esperaba. Edmund Stoiber (Unión Socialcristiá
de Baviera, CSU) afirmaba prudente hai poucas semanas conformarse cun “50% e algo máis”. O pasado día
21, Stoiber, primeiro ministro bávaro dende hai 10 anos, acadou o 60,7% dos votos ó Parlamento rexional
(Landtag), a segunda maior victoria nunha elección da Alemaña posterior á II GM. Da outra
banda, o socialdemócrata SPD caeu ata o 19,6% dos votos, o peor resultado das trece leccións consecutivas
perdidas en Baviera e un dos peores xamais obtidos en toda Alemaña. Trala victoria, Angela Merkel, presidenta
da CDU (os democratacristiáns, socios federais da CSU) non tardou en facer unha chamada á unidade
dos conservadores, que teñen agora a posibilidade de bloquea-las reformas da maioría SPD-Verdes na
Cámara Alta (Bundesrat). “Agora, todo será moito máis difícil para o chanceler Schöeder”,
concluíu Merkel, ratificando que a CSU logrou converte-la elección en Baviera nunha elección
federal e situa-lo seu líder, Stoiber, un pouco máis preto da Chancelería alemana. De celebrárense
agora as eleccións xerais, segundo as sondaxes, o SPD obtería un 30% dos votos e un 45% á
CDU-CSU; por vez primeira, Stoiber supera en apoio popular a Schöeder.
En realidade, toda a campaña da CSU, que xogaba sobre seguro no seu feudo bávaro, foi unha posta
en cuestión da política de Berlín, do SPD e, en resumidas contas, da figura do chanceler Schöeder.
Tanto é así que nin unha vez mencionou Stoiber ó seu contrincante bávaro do SPD, Franz
Maget, que non logrou sequera impedir que a CSU acadase os 2/3 dos deputados do Lantag. Costa abaixo, Schöeder
tampouco se preocupou moita do sorte de Maget, nuns últimos meses dunha intensa actividade exterior sostida
no dilema que supón afondar na relación con Francia mentres trata de restablece-las deterioradas
relacións con Washington. Schöeder e Chirac dan unha mensaxe, interna, á UE ó da-la extremaunción
ó Pacto de Estabilidade e Crecemento, piar da política económico-monetaria da Unión,
pero lanzan un plan para revitaliza-lo crecemento europeo. As mensaxe externas, ós EEUU, son máis
ambiguas.
Pero os alemáns tamén miran cara ó interior e a comparación da campaña rexional,
Baviera-Berlín, o land en prodixioso crecemento fronte ó Estado amoestado polo FMI comeza a facer
efecto Baviera súmase politicamente á Baixa Saxonia e Hesse, os dous grandes estados federados onde
o SPD sufriu derrotas sen paliativos. Alemaña non é Baviera nin Hesse pero, en recesión, coa
ameaza de chegar ós 5 millóns de desempregados e un plan de recurtamentos sociais, a oposición
faise moito máis forte tras estes resultados, xa que o Goberno SPD-Verdes necesitará o seu apoio
lexislativo aínda máis e cicais certo consenso na política exterior. E quedan tres anos de
lexislatura. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Edmund
Stoiber”, Editorial de El Periódico de Cataluña, 23 de setembro de 2003.
Seis de cada 10 bávaros votaron el
domingo a la socialcristiana CSU, que logró dos tercios de los escaños, algo nunca visto en Alemania.
La superconservadora CSU, que es socia de la democristiana CDU, lleva 40 años gobernando en Baviera. |
| |
|
|
| 2 |
|
“La
revancha de Stoiber”, Editorial de El País, 23 de setembro de 2003.
El canciller no tiene más remedio
que seguir adelante con el reformismo de la Agenda 2010, para la que seguirá necesitando la colaboración
de la oposición en la Cámara territorial (Bundesrat), que Stoiber ya ha ofrecido, siempre que el
Gobierno haga gestos hacia la derecha, y no la derecha hacia el Gobierno. En todo caso, Schröder y Stoiber
están condenados a entenderse. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Aviso
para Schröder”, Editorial de El Correo, 23 de setembro de 2003.
Es conocida la peculiaridad de Baviera,
que hace difícilmente extrapolables sus resultados al conjunto de Alemania, pero la caída aparatosa
del SPD y el auge conservador conforman una realidad inapelable: o Schröder consigue darle la vuelta a la
situación económica o su suerte política estará echada. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Alemania,
un año después”, Editorial de ABC, 23 de setembro de 2003.
Exactamente un año después
de las elecciones legislativas que devolvieron a Gerhard Schröder a la Cancillería de Berlín,
su Partido Social Demócrata (SPD) ha sufrido la derrota más humillante de los últimos tiempos
a manos de la Unión Social Cristiana (CSU) de Baviera, que encabeza Edmund Stoiber, el hombre derrotado
hace doce meses. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Un
regalo bávaro de cumpleaños”,
en Deutsche
Welle, 22 de setembro de 2003.
Los analistas coinciden en que la paliza
electoral para el Partido Socialdemócrata en Baviera se debe en gran parte al descontento de la población
con la política del Gobierno en Berlín en general y especialmente con la llamada Agenda 2010 que
contempla transformaciones del mercado laboral y de los sistemas sociales. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Die
CSU-Mehrheit ist nicht gottgegeben”, por
Karl-Rudolf Korte, en AICGS,
20 de setembro de 2003.
Der Überraschungseffekt fällt
am Sonntagabend vermutlich gering aus: Die CSU gewinnt die Wahlen in Bayern mit deutlichem Vorsprung. Wir haben
uns daran gewöhnt, dass bayerische Ministerpräsidenten mit absoluter Mehrheit regieren. Auch eine Zwei-Drittel-Mehrheit
ist nicht mehr auszuschließen. Die Gewöhnung an diese CSU Erfolgsstory verstellt den Blick für
die Ursachen der hohen Mobilisierung von CSU-Stammwählern. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Edmund
Stoiber steht bereit”, en Süddeutsche Zeitung, por 22 de setembro de 2003.
Andererseits aber haben die Bayern mit überwältigender
Mehrheit auch eine späte Antwort auf Schröders Frage „er oder ich“ gegeben. Der Kanzler ist in der Vertrauenskrise
– in seiner Partei, im Bund und in den Ländern. Der nächste Schritt in dieser Krise sind die Abstimmungen
über die Agenda-Gesetze im Bundestag. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Payoff
time for Edmund Stoiber”, en Frankfurter Allgemeine
Zeitung, 19 de setembro de 2003.
Competence centers can become risk centers,
Bavaria's Greens say in their frequent warnings about the dangerous effects of political patronage. Still, for
the time being at least, a generally healthy economic and financial structure leaves the state in a fairly strong
position - especially when compared to most of the rest of the country. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Sanction
bavaroise”, Editorial de Le Monde, 23 de setembro de 2003.
L'Allemagne a besoin de changements, les
Allemands ne s´y opposent d´ailleurs pas sur le fond. Ils contestent le manière de les mettre
en ouvre de l´equipe dirigeante. |
| |
|
|
| 10 |
|
“La
Baviera punisce Schroeder crolla la Spd, Csu alle stelle”,
en La
Repubblica, 22 de setembro de 2003.
E'la Waterloo del cancelliere Schroeder
e del potere rossoverde. Ed è una svolta nella storia della democrazia tedesca: per la prima volta nel dopoguerra
un partito democratico e liberamente eletto conquista la maggioranza dei due terzi in un Parlamento regionale. |
| |
|
|
| 11 |
|
“One-party
state, Why the conservatives will reign on”,
en The
Economist, 20 de setembro de 2003.
Moreover, the CSU has managed to avoid
the usual consequence of beign in power for decades: ossification. It has been clever at rejuveneting inself without
creating splits. |
|