| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Un golpe de Estado militar derrocou temporalmente ao Goberno de
Santo Tomé e Príncipe, un arquipélago situado fronte ás costas de Guinea Ecuatorial
e Gabón. Os golpistas, encabezados polo comandante Fernando Pereira, aproveitaron a ausencia do presidente,
Fradique de Menezes, en visita privada en Nixeria, arrestaron á primeira ministra, María das Neves
e ao ministro do Petróleo, Rafael Branco, e se autoproclamaron Xunta de Salvación Nacional. O ministro
de Exteriores, que se atopaba en Lisboa, liderou o inicio do diálogo cos militares, veteranos do Exército,
aliados co Frente Democrático Cristiano, unha forza da oposición sen representación parlamentaria,
que estaba organizando manifestacións en protesta pola mala xestión gobernamental.
O golpe se produciu tras meses de inestabilidade social e política motivada pola crise económica
e polas expectativas creadas pola futura explotación petroleira no mar. Polo tanto, a loita polo control
das recentemente localizadas bolsas de petróleo no golfo de Guinea foi probablemente un dos motivos principais
do golpe. Santo Tomé e Príncipe, cunha poboación de 140.000 habitantes, é un dos países
máis pobres do mundo. A economía se basea na producción de cacao, que diminuíu das
12.000 toneladas do ano 1978 a unhas 4.500 en 2000. A decisión do Goberno de explotar xunto á veciña
Nixeria a zona marítima común non deixou satisfeitos aos partidos da oposición, que acusaron
ao presidente Menezes de corrupción.
O crecente interese estratéxico e xeopolítico levou a Washington a considerar ultimamente a posibilidade
de establecer unha base naval en Santo Tomé, antiga colonia portuguesa independente dende 1975, na súa
busca de novas fontes enerxéticas que diminúan a súa dependencia de Oriente Próximo. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Los
militares toman el poder en Santo Tomé y Príncipe”,
axencia Efe, El
Mundo, 26 de xullo de 2003.
Hace ocho días, las principales instituciones
políticas exhortaran a la población a “no cuestionar el régimen democrático y los órganos
elegidos”. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Sao
Tomé e Príncipe: questions sur un putsch «sof»”, por Cherif
Ouazani, en J.A./L’Intelligent, nº 2.219, 20 ao 29 de xullo de 2003.
Le coup d’État mené par le
major Pereira s’est déroulé dans une relative indifferénce de la population. Pas de la communauté
internationale. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Troubled
waters over oil”, en The Economist, 19 de xullo de 2003.
The president has battled to renegotiate
contracts signed with Exxon Mobil and a Nigerian-owned company called Chrome, which the IMF said were unfair to
Sao Tomé. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Terminou
o golpe com o regresso de Fradique de Menezes e reposiçao da Ordem Constitucional”, por António
Ramos, en Téla Nón, 28 de xullo de 2003.
8 días depois de rebeliao militar
está garantido o regresso a normalidade constitucional en Sao Tomé e Príncpe. Militares revoltosos
e mediadores internacionais assinaram um memorando de entendimento. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Memorando
final”, en Téla Nón, 26 de xullo de 2003.
Fradique de Menezes, Rodolphe Adada e o
Major Fernando Pereira “Cobó”, assinaram memorando final que define as condiçoes para o fim da crise
em Sao Tomé e Príncipe. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Fin
du coup d’État à Sao Tomé: un mémorandum signé dans la précipitation”, en L’Intelligent,
26 de xullo de 2003.
Les pouvoirs du président, très
isolé à l’Assemblée nationale, seront réduits pour renforcer le régime parlamentaire. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Criada
Comissao de garantia”, en Téla Nón, 26 de xullo de 2003.
A comissao tem como atribuiçoes garantir
a aplicaçao e o respeito escrupuloso dos compromisos asumidos pelas partes signatarias dos acordos assinados
e facilitar a mobilizaçao de recursos junto da Comunidade Internacional para asegurar a estabilidade económica
e social do país. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Sao
Tome Coup Leaders Reinstate Deposed President”,
en allAfrica.com, 24 de xullo de 2003.
De Menezes returned shortly after mediators
announced that coup leaders had agreed to restore democratic rule on the twin island state, which is hoping to
join Africa’s club of oil exporters by around 2007. |
| |
|
|
| 9 |
|
“An
Exemplary Diplomatic Move”, en allAfrica.com, 25 de xullo de 2003.
It is my opinion that Nigeria prominent
role in negotiating and sealing this deal will be recognized and appreciated by all the parties involved and of
course the entire world. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Premiers
pétrodollars”, por Jean-Dominique Geslin, en L’Intelligent,
30 de xuño de 2003.
L’archipiel entre dans le cercle restreint
des producteurs africains d’or noir. Une aubaine pour l’un des pays les plus pauvres du monde. |
|