Actualidade Exterior / nº 107-14/2003 de 7 de xullo Volver ó índice
Europa ante Cuba
 
 
Presentación

     
    A situación de Cuba non estivo formalmente presente na axenda dos dirixentes da UE e dos EEUU na reunión celebrada o pasado venres 25 de xuño en Washington, aínda que case ninguén dubida que podería terse abordado de xeito informal ou bilateral. “Nós temos a nosa posición e eles a súa, que no fondo aseméllanse moito, sobre todo nestes momentos, excepto no embargo -estadounidense- á illa”, explicou a voceira do alto representante da PESC, Javier Solana. Trala recente aprobación por parte dos Quince de sancións diplomáticas contra Cuba e co diálogo político suspendido, a UE deberá revisar este verán a Posición Común de 1996, na que se reclamaba unha transición democrática na illa caribeña. Nese senso, o secretario de Estado, Colin Powell, afirmou a principios de xuño que EEUU podería participar nunha “estratexia común” cara Cuba, posibilidade que, ata o momento, non foi confirmada nin explicada por ningunha das partes.

Atrás semella quedar definitivamente aquel “período especial en tempos de paz” que veu marcado por importantes iniciativas diplomáticas e a multiplicación das viaxes e contactos dos representantes políticos e homes de negocios. En 2000, a Comisión de Relacións de Exteriores do Senado dos EEUU chegara a pronunciarse en favor do alixeiramento das sancións económicas referentes á exportación de alimentos e medicamentos, ata entón prohibidas. Nese momento, a concorrencia das empresas europeas, cada vez máis presentes na illa (España e Italia á cabeza da UE) pulou ós estadounidenses a prepara-lo seu retorno perante a hipótese dun relaxamento no embargo. A chegada de George W. Bush á Casa Branca, cun voto decisivo da colonia de Miami, mudou a relativa calma de finais do mandato Clinton.

Estrictamente, nembargantes, as tensións comezaran antes con Europa. En novembro de 1996 o goberno cubano retiráballe o seu placet ó novo embaixador de España en protesta polas críticas elevadas dende Madrid polo goberno de José Mª Aznar. A crise rexurdiría en 2000, coas críticas de varios países europeos a respecto da situación dos Dereitos Humanos. Cuba retirou daquela a súa solicitude para entrar a formar parte do acordo Cotonou subscrito pola UE con máis de 70 países de África, Caribe e Pacífico. Dende entón, son os países latinoamericanos (Uruguai, Costa Rica, Perú e Nicaragua) os que levan a iniciativa na condena do goberno cubano na Comisión de Dereitos Humanos da ONU, coa conseguinte ruptura de relacións.

As duras sancións contra algúns disidentes e a execución de tres secuestradores dun ferry supuxeron a xeralización da condena diplomática internacional nun momento en que os factores do crecemento económico cubano –turismo, enerxía e investimentos estranxeiros directos- están “exhaustos”, segundo propia confesión do Centro de Estudios da Economía Cubana, CEEC, abrindo un horizonte de incertidume.
     
     
Índice

     
1   El dueño de todos los cubanos choca con Europa”, por Carlos Alberto Montaner, en El País, 30 de xullo de 2003.

¿Por qué ese ridículo comportamiento? Expliquémoslo: lo que se vio en las calles de La Habana no fue una respuesta política a un conflicto entre Cuba y la Unión Europea, sino una expresión de los serios trastornos psicológicos que padece Castro, agravados en los últimos años por varios espasmos cerebrales que han aumentado su agresividad al punto de poderse afirmar que exhibe rasgos clarísimos de demencia senil incipiente.
     
2   El silencio colaborador”, por Zoe Valdés, en El Mundo, 24 de xuño de 2003.

Lo que no esperaba la Unión Europea era que un día el dictador la comparara con Miami, o sea, que la engalanara con el epíteto de “mafia” al servicio de Estados Unidos.
     
3   Incondicionalidad de una cumbre”, por Arsenio Rodríguez, en Granma, 21 de xuño de 2003.

Veinticinco estados con más de 450 millones de habitantes, que producen la cuarta parte del Producto Interno Bruto mundial, pero que carecen de un proyecto propio de defensa y seguridad, mostraron una vez más al mundo su incondicionalidad a los mandatos de Washington, peligrosamente a solo unas horas de un encuentro de sus principales dirigentes con el presidente norteamericano George W. Bush.
     
4   La Unión Europea ha dicho basta”, en Cubanet, 20 de xuño de 2003.

Las medidas de la Unión Europea son un duro golpe en el corazón mismo del castrismo. A pesar de que hasta el momento sólo tienen implicaciones políticas y diplomáticas, hacen blanco donde más le duele al régimen cubano.
     
5   Europa frente a Castro”, editorial de La Nación, 16 de xuño de 2003.

La Unión Europea ha reaccionado con un ejemplar mensaje de firmeza y claridad ante la escalada contra los derechos humanos en Cuba. El desenlace aún es incierto, pero ya se han logrado objetivos esenciales: apoyar al movimiento disidente de la isla, mejorar su estatura internacional y hacer ver al régimen de Fidel Castro que toda acción represiva tiene consecuencias.
     
6   No eating my canapés any more”, en The Economist, 21 de xuño de 2003.

It is the kind of rethoric Fidel Castro normally keeps for his best enemy, theUnited States. But this month he led protest by hundreds of thousand of dutiful Cubans outside the embassies of Spain and Italy. Spain´s prime minister, José María Aznar, was denounced as “a little Fuehrer”, and Silvio Berlusconi, his Italian counterpart, as “a ascist”.
     
7   La Unión Europea y Cuba: contradicción y pragmatismo”, por Joaquín Roy, en El Nuevo Herald, 17 de xaneiro de 2003.

La actitud europea contrasta con la norteamericana basada en la confrontación y en la primacía del protagonismo del exilio. Los europeos, obligados durante medio siglo a tratar con dictaduras en todo el continente, prefieren el escrupuloso respeto a la soberanía nacional y a reforzar los vínculos con los sectores interiores que deberán tener un protagonismo en la transición.
     
8   Declaración del Ministerio de Relaciones Exteriores, República de Cuba.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/07/2003
Fernando Pol