| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Durante a pasada quincena, no contexto da nova resolución
sobre Iraq, tiveron lugar dous encontros xermano-norteamericanos de certa significación. O máis seguido
polos medios, a conversa entre o secretario de Estado norteamericano e o chanceler Schröder foi cualificada
polo primeiro como “franca e aberta”, un dicir diplomático para significar que o diálogo flúe
de novo. Por outra banda, e algo sorprendentemente, o presidente Bush recibiu na Casa Branca a Roland Koch, primeiro
ministro do land de Hesse e presumible candidato democristiá á Chancelería alemana. Koch obtivo
unha dimensión en política exterior que non tiña e Bush dáballe así un pequeno
empurrón á oposición xermana.
Os debates en torno á política exterior norteamericana, a unipolaridade e as relacións transatlánticas
obvian a miúdo a realidade básica: que o mundo occidental está formado enteiramente por democracias
liberais e de mercado, e que a interdependencia entre elas se asenta en factores persistentes e estructurais. O
primeiro é o económico: EEUU e a UE forman unha comunidade de intereses materiais. A combinación
dos indicadores do comercio exterior, investimento estranxeiro e fluxo de capitais amosan que a rexión transatlántica
é o bloque económico máis integrado do mundo, só por detrás, loxicamente, da
propia Unión Europea. En 1999, o 45,2% do investimento estranxeiro total estadounidense foi a Europa, namentres
o 60,5% do europeo se dirixiu ós EEUU. Máis claro aínda: os investimentos europeos en Texas
son amplamente maiores que o investimento xaponés no conxunto de Estados Unidos.
O unilateralismo e as controvertidas tendencias da actual Administración estadounidense, representadas na
Estratexia de Seguridade Nacional, violan, segundo algúns, a norma fundamental da comunidade transatlántica,
o multilateralismo, como tamén a intención declarada de abandona-las alianzas multilaterais e establecer
coalicións temporais, flotantes, para tratar os distintos problemas internacionais. Isto é así
porque a relación transatlántica non é só unha comunidade de interdependencia económica,
senón tamén de seguridade.
O desencontro transatlántico non se produce, pois, en torno ós principios liberais e os valores comúns;
nin sequera en canto ó uso da forza cando se estima necesaria. O desencontro atinxe ó principio básico:
unilateralismo-multilateralismo. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Powell's Purposes in Berlin”, por Jackson
Janes, en American Institute for Contemporary German Studies (AICS).
In less than twenty-four hours in Berlin,
Secretary Powell will have time for meetings with Foreign Minister Fischer, Chancellor Schroeder, the German press
and a message to Germany. The message is not going to be: let bygones be bygones, nor will it be: everything is
back to normal. Fact is; we have to redefine what normal is. |
| |
|
|
| 2 |
|
“¿Has the Transatlantic Ice Age Ended?”, Opinión en Deutsche Welle,
30 de maio de 2003.
The leaders of Germany, France, Belgium
and Luxembourg meet in Brussels to talk about strengthening EU defense policy. The result is an offer for reconciliation
with the United States in the wake of dissonance over Iraq. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Pour
le renouveau du partenariat transatlantique”, por Madeleine Albraight
e outros, en Le
Monde, 14 de maio de 2003.
L'intérêt des Etats-Unis pour
une Europe unie est venu en corollaire des intérêts américains en Europe. Une Europe une et
entière peut prendre suffisamment de poids pour constituer un partenaire stratégique, et il s'ensuivra
que chaque côté de l'Atlantique pourra être l'homologue de l'autre dans le traitement d'intérêts
- qu'ils relèvent de la sécurité, de l'économie ou de la politique - partagés
à défaut d'être toujours identiques. |
| |
|
|
| 4 |
|
“El derecho,
la fuerza y la justicia”, por Dominique de Villepin,
en Política
Exterior nº 93, maio-xuño 2003.
Junto a británicos y americanos,
compartimos la misma fe en la democracia. Con la Gran Carta, la Declaración de 1789 y la Constitución
americana, nuestros países son pioneros de la revolución democrática. Estamos convencidos
de que la democracia requiere determinación, convicción y un largo aprendizaje. No rechazamos el
uso de la fuerza, pero queremos prevenir contra los riesgos de su uso preventivo, erigido en doctrina. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Otra
política exterior para Europa”,
por Carlos Alonso Zaldívar, en El País,
5 de maio de 2003.
Quizá pueda funcionar más
ordenadamente que hasta ahora si va adoptando una estructura en la que la legitimidad, los medios y la voluntad
necesarios para ordenar el mundo estén distribuidos a través de una red, en vez de concentrados en
la cúspide de una pirámide de jefatura. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Las
relaciones entre Europa y Estados Unidos”, por Dominique Moisi e Martín Ortega Carcelén,
en El País, 18 de maio de 2003.
El intento de construir Europa en oposición
a EEUU está condenado al fracaso./ Lejos del poder en su versión más cruda, las apuestas europeas
son los principios y el diálogo. |
| |
|
|
| 7 |
|
“La
relación entre Europa y EEUU no se recuperará sólo con sonrisas”, Entrevista a Javier Solana, en El País,
11 de maio de 2003.
Una Europa desunida no interesa a nadie.
Ni a los países europeos ni a EEUU ni a Rusia ni a las instituciones internacionales. Y me preocupa que
alguien pueda deducir de esa división, que una Europa desunida, interesa a EEUU, por ejemplo. |
| |
|
|
| 8 |
|
“EEUU:
¿qué valores comunes?”, por Emilio Menéndez del Valle,
en El País, 22 de febreiro de 2003.
Atendido al ámbito de la paz, será
más fácil en el futuro evitar la guerra. Naturalmente, para avanzar en esa línea hay que tener
voluntad de actuar colectivamente en el exterior, provistos de lo necesario para tener éxito políticamente
y dispuestos a una actuación militar únicamente cuando una adecuada gestión de la paz demuestre
que aquella se ha hecho inevitable. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Is Poland
America's donkey or could t become NATO's horse?”, en
The
Economist, 10 de maio de 2003.
When Donald Rumsfeld, America´s defence
secretary, made his quip about “new Europe”, the concept looked more like a diplomatic crutch than a geopolitical
reality. |
| |
|
|
| 10 |
|
“L'ambiguïté
des relations OTAN-PESD: faux débat ou enjeu réel?”,
por Giovanna Bono, en Le Revue Internationale et Strategique nº 48, inverno 2002-2003.
Avec l'arrivée au pouvoir de l'Administration
Bush et les attaques terroristes du 11 septembre 2001, la question des relations entre l'Organisation du traité
de l'Atlantique nord (OTAN) et la Politique européenne de sécurité et de défense (PESD)
s'est trouvée incluses dans un desáccord transatlantique plus large sur le róle des États-Unis
et de l'Europe dans l'arquitecture internationale de sécurité. |
|