| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
A catro días da segunda volta, que debería terse
celebrado o 18 de Maio, Carlos Menem asinou a súa renuncia á candidatura á Presidencia, non
sen antes castigar un pouco máis o país e as súas institucións con 30 horas de imprudente
suspense. Quere Menem inmunidade xurídica ante un novo presidente, Néstor Kirchner, que xa ameazou
con investigalo por varios delictos de corrupción. O presidente saínte, Duhalde, resolve ó
seu favor o pulso que no seo do peronismo mantén dende hai unha década con Menem, quen, probablemente,
continuará actuando políticamente a pesar de ter perdido completamente a expectativa de retornar
ó poder a través das urnas. En compañía dos achegados, esperará ser convocado
para salva-la República do eventual fracaso do seu contrincante, Kirchner, ó que consegue debilitar
públicamente deixándoo ancorado no 22% do apoio popular da primeira volta.
En vez de ser lexitimado polos 25 millóns de electores, Duhalde ve como o seu apadriñado Kirchner,
deberá autolexitimarse el mesmo a través da súa xestión. Isto pasa, en primeiro lugar,
por formar un bo goberno. Kichner especulaba hai uns días que unha victoria por unha ampla marxe lle daría
maior capacidade de manobra para redefini-lo seu equipo e non someterse ó criterio de Duhalde. Agora, en
cambio, terá que recorrer ó aparato central configurado polo presidente saínte. O principal
obstáculo para a normalización política, económica e social que precisa Arxentina,
será, unha vez máis, o propio justicialismo, os seus privilexios e os seus vicios de funcionamento,
amiguismo, intervencionismo, corrupción e violencia cando fai falla.
Once anos e medio como gobernador da provincia de Santa Cruz (Patagonia), máis os catro precedentes na alcaldía
da capital, Río Gallegos, son a bagaxe política de Kirchner, ó que os seus adversarios acusan
de manipula-la xustiza local e administrar de xeito autoritario a provincia. Por outra banda, os datos económicos
amosan unha estabilidade e unha igualdade social que non se ve no resto do país, que, nembargantes, non
hai que agradecer simplemente á xestión de Kirchner. Santa Cruz é unha das provincias de maiores
recursos gracias ás regalías do petróleo e o gas, e a unha serie de beneficios que recibe
por ser considerada zona desfavorable; os santacruceños teñen, pois, unha economía fortemente
subsidiada.
O Kirchner que asuma o poder en Arxentina o 25 de maio deberá enfrontarse, entre milleiros de reclamos urxentes,
ós pagamentos da débeda pública suspendida dende decembro de 2001; a recomposición
das tarifas dos servicios públicos; salarios, xubilacións e pensións, desvalorizados, como
o peso, á terceira parte do seu valor; á reestructuración do sistema financeiro, tralo reconto
de bancos en agonía... Duhalde considérase aínda a si mesmo coma o home que logrou que Arxentina
non seguise caendo. O seu ministro de Economía, Roberto Lavagna foi incorporado xa durante a campaña
de Kirchner como garantía de continuidade do justicialismo duhaldiano. Non era isto o que con tanta enerxía
e desesperación se demandaba dende as rúas hai un ano, pero, tralo mal trago provocado por Menem,
o país asume con relativa tranquilidade a entrada do novo goberno. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“La última
traición de Menem a la democracia argentina”,
Editorial de El
Mundo, 15 de maio de 2003.
El actual mandatario, Eduardo Duhalde, y
el propio Menem se han repartido hasta ahora ese poder clientelar en el Justicialismo. Muchos analistas opinan
que ambos, aunque se odien, comparten un interés común: que Kirchner llegue muy debilitado a la Presidencia. |
| |
|
|
| 2 |
|
“El próximo
gobierno no nace débil”, por R. Bielsa,
en La
Vanguardia, 15 de maio de 2003.
Contra lo que se dice y creen muchos triviales,
el próximo gobierno no nacerá débil por la maniobra de la cancelación de la segunda
vuelta, sino que podrá debilitarse si no acierta, en las primeras semanas de gestión, a recibir la
adhesión material que podría haber conquistado formalmente en el comicio abortado. |
| |
|
|
| 3 |
|
“La huida
de Menem”, Opinión en ABC,
16 de maio de 2003.
La maniobra de Menem no es ajena a la lucha
por el poder en el seno del justicialismo, el peronismo. Este partido-movimiento, sin cuyo consenso o al menos
sin su neutralización es muy difícil gobernar Argentina, ocupa el poder central, la mayoría
de los poderes regionales, el poder sindical, la influencia casi exclusiva en la Administración y supone
el principal sistema de control de la sociedad. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Espantada
de Menem”, Editorial de El Páis,
16 de maio de 2003.
Kirchner pasa, pues, automáticamente
a la presidencia. Pero en estas circunstancias, se convierte en un recambio a Duhalde –que tiene en su favor haber
roto el nudo gordiano de la crisis financiera de 2001-, y aún no en la persona que ha de iniciar una refundación
económica y política, desde la democracia. |
| |
|
|
| 5 |
|
“El
purgatorio de Néstor Kirchner”,
por Roberto Velasco, en El Correo,
16 de maio de 2003.
El telón de fondo de todas estas
urgencias económicas es tanto la recuperación de la confianza perdida ante las instituciones multilaterales
y los poderosos gobiernos que las respaldan, como la desactivación de la explosiva situación social
que sufre una mayoría de la población (60%) que vive por debajo de las posibilidades y condiciones
expresadas por los índices oficiales de pobreza. Néstor Kirchner ya ha manifestado que, antes de
recuperar el pulso económico y social, Argentina debe pasar una larga temporada en el purgatorio. |
| |
|
|
| 6 |
|
“La renuncia
de Menem confirma el carácter institucional de la crisis”,
por Eduardo Van der Kooy,
en Clarín, 15 de maio de 2003.
Desde la salida de Alfonsín, cada
ciclo democrático tuvo serias irregularidades. La burla al ballottage de Menem es ejemplo del nulo apego
a las normas. Kirchner no se consagra de la mejor forma. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Un
mal ejemplo que no debe repetirse”, por
Natalio Botana, en La Nación,
15 de maio de 2003.
Con la renuncia de Carlos Menem a participar
en una segunda vuelta electoral prevista en una Constitución nacional que él mismo, con ánimo
hegemónico, contribuyó a reformar en 1994, nuestra condición ciudadana ha sufrido una muy
seria agresión: se nos ha sustraído, en efecto, el derecho esencial de elegir a los gobernantes. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Despedida
y debut”, por Mario
Wainfeld, en Página 12,
15 de maio de 2003.
En cambio fue muy potente y llamativo cuando
dijo que la dimisión de Menem “fue funcional a los intereses de grupos y sectores del poder económico
que se beneficiaron de manera inadmisible en la década pasada”. Esos grupos acremente cuestionados estarán,
de un modo u otro, en la Casa Rosada el 26 de mayo exigiendo aumentos de tarifas de servicios públicos. |
| |
|
|
| 9 |
|
“La tragicomedia
argentina”, por Andrés
Oppenheimer, en El Nuevo Herald,
15 de maio de 2003.
Al colocar este sistema clientelista a disposición
del candidato gubernamental, Duhalde se aseguró una cuota de poder en el nuevo gobierno. Probablemente,
Kirchner hubiera podido lograr una cierta independencia si se hubiera realizado la segunda vuelta electoral del
domingo, y hubiera ganado por amplia mayoría. |
| |
|
|
| 10 |
|
“La fuerza irresistible del antimenemismo”, por Isidoro
Gilbert, en La República.
Asi como Duhalde fue el canal directo con
Lula para el viaje a Brasilia, desde febrero, socialistas de Lagos mantienen con el entorno de Kirchner buenas
relaciones que alfombraron una visita que el chileno ha repetido con quien se la ha pedido; por caso, con Ricardo
López Murphy. |
|