| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
“Quitámonos a última carga que tiñamos dende
Yalta”, afirmou satisfeito o primeiro ministro polaco, Leszek Miller, ó termo deste cumio de Atenas, que
pasará á historia das datas comunitarias polo compromiso definitivo ás longuísimas
negociacións de adhesión dos dez estados que serán membros de pleno dereito o 1 de maio de
2004. Miller loitou ata a fin da xornada por acadar diñeiro líquido, mil cento oito millóns
en man restados dos fondos rexionais. O artífice do acordo, Gerhard Schröder, aparecía aliviado,
namentres o seu ministro de Exteriores, Joschka Fischer, ponderaba que a ampliación non pode expresarse
en diñeiro. Efectivamente. Polonia vai recibir máis de 17.000 millóns de euros, en dous anos,
dos fondos estructurais, a maioría procedentes de Alemaña.
Quizais a frase utilizada por Leszek Miller non foi a máis axeitada nuns días en que torna á
memoria o célebre tratado que acordou unha nova distribución territorial do mundo entre os vencedores
da II Guerra Mundial. Yalta tamén sentou as bases para unha nova organización: Nacións Unidas.
A sensación é agora que a Unión se amplía, en efecto, pero non é seguro que
amplíe poder e influencia en todo o resto do mundo. Deste cumio de Atenas non sae unha solución á
actual crise de identidade e á fonda división que estoupou no seo da Unión entre os fundadores
–que queren afondar na Unión Política e na Europa da Defensa- e os demáis membros.
Nunha tentativa de finiquitar públicamente meses de divisións, Francia, Alemaña, Reino Unido
e España presentaron o borrador dunha declaración conxunta que reclama un papel protagónico
da ONU na reconstrucción do Iraq. O ministro británico Jack Straw subliñou que Reino Unido
e Estados Unidos –dos que exerceu de voceiro-, promotores do ataque, comprometeríanse a asignarlle ese papel,
sempre e cando os integrantes do Consello de Seguridade estivesen dispostos a “cooperar”. A advertencia foi claramente
dirixida a Francia, Alemaña e Rusia, que poderían bloquear novas resolucións tendentes a lexitima-lo
Iraq de postguerra. Kofi Annan, presente ante os 41 países representados na Conferencia Europea que seguiu
ó Cumio da UE, eliminou un parágrafo do seu discurso: “non pode plantexarse que a ONU desempeñe
–en Iraq- un papel subalterno, baixo a autoridade dunha potencia ocupante”, ía dicir, pero finalmente non
dixo, o secretario xeral de Nacións Unidas.
Esta reunión deixa claro que as fronteiras da Unión non son infinitamente ensanchables e que teñen
o seu límite en Ucraína, Moldova, Belarús e Rusia, cos que a Unión pretende afondar
nas relacións, non só comerciais, senón políticas, administrativas, de xustiza e asuntos
internos. O ministro de Exteriores ruso, Ivanov, que con frases inxeniosas foi a amenidade dos presentes nas tensas
reunións de febreiro no Consello de Seguridade, convidou ós líderes dos países da UE,
actuais e futuros, ás celebracións de maio do 300 aniversario da fundación de San Petesburgo,
como símbolo “que amosará o novo desenvolvemento da idea europea”. Podería dicirse que se
ben Rusia estaba de corpo presente na cita de Atenas, a presencia que se deixou sentir máis abafantemente
foi a de Estados Unidos, que encheu coa inmensa tonelaxe do seu peso a cadeira baleira. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Atenas,
punto de encuentro”, editorial de ABC,
17 de abril de 2003.
La nueva correlación de fuerzas en
la UE, donde España ha afianzado su posición, su influencia y una cierta capacidad de liderazgo,
va a situar el centro de gravedad político en un punto más alejado de París y Berlín,
como pone de manifiesto el hecho de que los nuevos miembros hayan expresado su coincidencia con las tesis de Londres
y Madrid sobre la relación transatlántica. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Una
Europa”, editorial de El Correo, 17 de abril de 2003.
El primer problema de esta ampliación
es la falta de preparación real de muchos de los candidatos, al haberse rebajado los criterios políticos
y económicos en aras de una rápida entrada. Prueba de ello son las salvaguardas y cautelas, sin precedentes,
sobre los derechos de los nuevos socios. |
| |
|
|
| 3 |
|
“La
Europa de los 25, grandes promesas y serios problemas”,
editorial de El
Mundo, 17 de abril de 2003.
Hay serios problemas políticos, resaltados
por la aún inconclusa guerra de Irak y por la diferencias entre miembros de la UE que ésta ha suscitado,
y problemas económicos centrados en una fórmula bastante cicatera: más países, pero
no más presupuesto. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Nueva
gran Europa”, editorial de El País,
17 de abril de 2003.
Pese a las divisiones internas provocadas
por la guerra de Iraq, la nueva Europa no es la que cree Rumsfeld, sino la que nació ayer en el ágora
de Atenas con la firma de la adhesión de diez nuevos miembros que ingresarán el la Unión Europea
en mayo de 2004. |
| |
|
|
| 5 |
|
“La
Europa de Atenas”, editorial de El Periódico
de Cataluña, 17 de abril de 2003.
Hay que felicitarse pese a la hipocresía
de quienes soslayaron el organismo para ir a la guerra o apoyarla, pero el problema de fondo que esta crisis ha
agravado –y la ampliación puede magnificar- es el del sentido de la UE: unión económica sólo
o unión política, y los tiempos no están para mucha política. |
| |
|
|
| 6 |
|
“La
Europa que viene”, editorial de La Vanguardia, 17 de abril de 2003.
Los problemas del encaje de los diez nuevos
países están siendo estudiados por la Convención Europea, que dirige el ex presidente francés
Valéry Giscard d´Estaign. Precisamente en la histórica jornada de ayer se hicieron patentes
de nuevo las diferencias entre países “grandes” y “pequeños”, que suscita tanto la Presidencia de
la UE como el tamaño de la Comisión Europea. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Britain to push for EU shaped by nation states”, por Rory
Watson, en The Times, 16 de abril de 2003.
Some countries, notably Belgium, argue that
the divisions over Iraq reinforce the argument for making the holder of the office independent inside the Commission.
But they are in a minority. The lesson other member states draw from the past few months is that foreign policy
is such a sensitive national issue that its direction must remain in governmental hands. |
| |
|
|
| 8 |
|
“N'ayons pas peur de l'élargissement de l'Europe”, por Maxime
Lefebvre, en Le Monde, 14 de abril de 2003.
Dernier défi, enfin: l'Europe politique.
C'est la question la plus difficile, comme l'a montré la crise irakienne. Les pays de l'Est, ballottés
dans leur histoire entre les ambitions des grandes puissances environnantes, n'ont pas de culture de puissance.
Ils ont encore peur de l'Allemagne ou de la Russie; et ils ne jurent, pour leur sécurité, que par
les Etats-Unis et l'OTAN. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Joining Is the Easy Part”, por Igor
Leshukov, en The St. Petersburg Times, 22 de abril de 2003.
The European Commission and some EU member
states remain optimistic that the Central European and Baltic States will be absorbed into the existing Western
body relatively easily, that the outcome of the process is predetermined. According to Western logic, they simply
have no other choice. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Germany
leverages EU clout”, editorial de Frankfurter Allgemeine
Zeitung, 18 de abril de 2003.
Germany's and France's recent advances to
Russia are seen as an indication that these two countries hope to include Russia in some form of alliance with
the EU. The leaders of the three countries met over the weekend to discuss the future of the UN and its role in
post-war Iraq, but there was little new to report. |
| |
|
|
| 11 |
|
“Enlarged
EU ponders day after the war”, por George Gilson,
en Athens
News, 11 de abril de 2003.
EU Council President Costas Simitis has
repeatedly stressed that a leading UN role in Iraq will bring "legitimacy" to a new administration. But
the Greek EU presidency and other European countries which opposed the war have failed to make clear how the UN
can legitimise the very Anglo-American conquest which they considered illegal. |
|