Actualidade Exterior / nº 100-08/2003 de 14 de abril Volver ó índice
Venezuela: a ruta do referendo
 
 
Presentación

     
    A situación política e social de Venezuela en abril de 2003 permite identificar síntomas de confrontación política entre o goberno do presidente Hugo Chávez Frías e a oposición agrupada arredor da Coordinadora Democrática. Tralos sucesos do 11-14 de abril de 2002, o enfrontamento case a diario nas rúas de Caracas e doutras cidades principais do país ven determinando un clima de violencia política e social que presenta síntomas de gran preocupación, coa posibilidade crecente dunha explosión social de gran envergadura e incluso posibilidades de enfrontamentos armados.

O fracaso da longa folga nacional (acontecida entre o 2 de decembro de 2002 e o 2 de febreiro de 2003), convocada pola Coordinadora Democrática, a patronal empresarial Fedecámaras, e a central obreira e a Confederación de Trabajadores de Venezuela, CTV, contando cun case abrumador apoio dos medios de comunicación e de diversos sectores sociais e políticos, e que tivo como epicentro a Petróleos de Venezuela, PDVSA, permitiu ao goberno de Chávez manter un forte control tanto sobre a industria petroleira así como das Forzas Armadas, co conseguinte debilitamento político da Coordinadora Democrática. Nas últimas semanas, o goberno de Hugo Chávez, amparado por un considerable marxe de manobra, arremeteu contra os principais líderes da oposición: o presidente de Fedecámaras, Carlos Fernández, actualmente en arresto domiciliario; o presidente da CTV, Carlos Ortega, quen estivo na clandestinidade ata a recente concesión de asilo político en Costa Rica, e o presidente da organización “Gente por el Petróleo”, Juan Fernández, en paradoiro descoñecido.

Os efectos da folga provocaron un inmediato impacto económico que obrigou ao goberno a implementar un sistema de control de divisas, sen que ata o momento se puidera restablecer a compra-venda de dólares, o que afecta ao sector productivo nacional. Igualmente, a expulsión, por parte do goberno, de 5.000 técnicos da industria petroleira que apoiaron a folga, orixinou problemas de reactivación en PDVSA. Segundo fontes oficiais, a producción petroleira venezolana se atopa sobre os 2,6 millóns de barrís diarios, preto dos 3,3 millóns b/d que a industria normalmente produce. Sen embargo, outras fontes petroleiras indican que a producción a penas sobrepasa o millón de barrís.

Neste contexto, dende o pasado mes de novembro, e a instancias da Organización de Estados Americanos, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e o Centro Carter, goberno e oposición veñen celebrando periódicas reunións na Mesa de Negociacións con escasos resultados. Ao mesmo tempo, a crise venezolana obrigou á ONU a crear un Grupo de Amigos para buscar vías de solución, entre elas a posibilidade de realizar un referendo consultivo, previsto para o mes de agosto, cando se cumpra a metade do mandato presidencial. Golpeada polo fracaso da folga e da rebelión de centos de xenerais e oficiais das Forzas Armadas, a oposición se aferra case desesperadamente ao mecanismo do referendo revogatorio para propiciar a saída do presidente Chávez, sinalado coma o obstáculo principal para acadar un acordo definitivo.

O referendo consultivo: O “Firmazo”

Por primeira vez na historia venezolana, diversas organizacións civís e políticas, agrupadas na Coordinadora Democrática, entregaron o pasado mes de decembro, ante a máxima autoridade electoral, o Consejo Nacional Electoral, CNE, as firmas esixidas para a solicitude dun referendo consultivo que leve á celebración de outro revogatorio. En principio, o CNE adoptou o 2 de febreiro de 2003 como data para celebrar o referendo consultivo, tal e como o solicitaba a oposición. Baixo o lema de “Vamos a contarnos”, a oposición denominou este acto “El Firmazo”.

Posteriormente, o Tribunal Supremo de Justicia (TSJ) declarou ilegal esa decisión, establecendo o 19 de agosto, data en que se cumpre a metade do mandato presidencial, como a definitiva, aprobada polo propio Chávez, para celebrar o referendo consultivo.

A pesar de que o TSJ declarara ilegal ese proceso, “El Firmazo” se realizou na data indicada como un acto popular que viu a reafirmar o referendo consultivo. O seu obxectivo era a recollida de firmas para apoiar a emenda constitucional, a Asemblea Constituinte, o referendo revogatorio do Presidente e dalgúns parlamentarios, a derogación das 49 leis da Habilitante, o apoio aos traballadores de PDVSA que se uniron á folga nacional e o apoio aos medios de comunicación. Segundo cifras aportadas pola Coordinadora Democrática, “El Firmazo” foi respaldado por máis de 4 millóns de sinaturas. Ata o momento, é o marco de presión popular máis contundente que a oposición esgrime para convocar o referendo revogatorio o día 19 de agosto de 2003.

Os requisitos para celebrar un referendo revogatorio

A posibilidade de que se realice un referendo revogatorio debe ter en conta os seguintes requisitos. En primeiro lugar, un quórum de concorrencia de máis de 25% dos electores inscritos. En segundo lugar, máis votos revogatorios que obtidos por Chávez cando foi elixido. A elección de Chávez en 1998 contou con 3.673.685 votos e foi reelixido en xullo de 2000 con 2.991.560 votos. Esta última é a elección válida, xa que se celebrou con base na Constitución Bolivariana, a que estableceu o principio de que todos os cargos de elección popular son revogables.

Para destituír a Chávez cun referendo revogatorio cómpre a mesma cantidade de votos máis un dos que o elixiron, manifesten a súa vontade de revogarlle o mandato. A outra condición é que soamente pode intentarse pasada a metade do período.

Na actualidade, a cifra de electores inscritos no Rexistro Electoral Permanente, ata xaneiro de 2003, ascendía a 11.966.241. Polo tanto, o quórum esixido para un referendo revogatorio (25% ), serían 2.991.560. Tendo en conta os votos obtidos por Chávez en decembro de 1998: 3.673.685 e os votos obtidos por Chávez en xullo de 2000: 2.896.948, serían necesarios 2.896.949 votos para revogar o mandato de Chávez.

O 2 de febreiro de 2003, a oposición realizou un referendo consultivo, paso previo para aprobar a realización dun referendo revogatorio. Nese referendo consultivo se recadaron máis de 4 millóns de sinaturas, necesitándose 2.991.560, que constitúe o 25% dos electores inscritos, para cumprir co requisito dun referendo revogatorio.

As datas de realización do referendo revogatorio

A lectura do artigo 72 da Constitución Bolivariana aprobada por referendo popular o 15 de decembro de 1999, establecería as seguintes datas, aprobadas previamente polo TSJ, como válidas para celebrar a consulta, en caso de que esta reúna os requisitos necesarios para a súa celebración: a máis aceptada é a do 19 de agosto de 2003, cando se cumpran 3 anos de mandato de Chávez, trala elección de xullo de 2000; 29 de outubro de 2003, a metade do período que abarca dende o 19 de agosto de 2003 ata o 10 de xaneiro de 2007, data na que Chávez abandonaría a presidencia, xa que a Constitución establece o mandato presidencial de seis anos; e o 10 de xaneiro de 2004, data media entre o 10 de xaneiro de 2001 (data na que Chávez asumiu a presidencia tras ser reelixido) e 10 de xaneiro de 2007, cando finalizaría o seu mandato.
     
     
Índice

     
1   La ruta hacia el referendo revocatorio”, por Miriam Kornblith, en El Universal, 24 de marzo de 2003.

Hay muchas formas de retrasar, bloquear o tergiversar la realización del referendo revocatorio... Trucos más, trucos menos, luce difícil impedirlo.
     
2   Referendo revocatorio está prácticamente decidido”, en El Universal, 24 de marzo de 2003.

Al ser consultado sobre la posibilidad de que el presidente Hugo Chávez se mida en una nuevas elecciones, dijo que "no tenemos necesidad de estudiarlo, porque eso para nosotros está resuelto en la Constitución. Cualquier duda al respecto se puede recurrir al Tribunal Supremo".
     
3   OEA elabora texto sobre temas para eventual referendo revocatorio”, en El Universal, 25 de marzo de 2003.

Fernando Jaramillo, jefe de misión de la Organización de Estados Americanos (OEA), vocero de la mesa de negociación y acuerdos, en ausencia del secretario general, César Gaviria, dio a conocer el contenido del documento "temas procedimentales sobre el referendo revocatorio", cuya discusión se realizará el próximo jueves.
     
4   Trabajo por hacer”, por Diego Bautista Urbaneja, en El Universal, 27 de marzo de 2003.

La oposición no puede seguir enredada en un interminable e indecidible debate sobre si Chávez se va a contar o no.
     
5   El 20 de agosto presentan al CNE firmas para el referendo”, en Ultimas Noticias, 28 de marzo de 2003.

La Coordinadora Democrática presentará el 20 de agosto ante el CNE la firmas recopiladas durante El Firmazo solicitando el referendo revocatorio. Esto lo expresa en el documento político al que tuvo acceso Últimas Noticias y que será leído hoy en el acto de presentación de la nueva estructura de la coalición opositora, que se celebrará en el hotel Tamanaco.
     
6   Coordinadora anuncia nueva etapa dirigida a lograr el éxito en el revocatorio”, en analitica.com, 28 de marzo de 2003.

El tiempo del Gobierno se acorta. La fecha 19 de agosto actúa como un tic tac de una cuenta regresiva que exigen la mayor eficiencia y efectividad de cada actor de la oposición”, señaló Lara.
     
7   CD profundiza cerco a Chávez”, por Elvia Gómez, en El Universal, 29 de marzo de 2003.

'El referendo es un corral electoral del cual el Gobierno no puede escapar a menos que termine de abandonar todo ropaje democrático y se exponga a las sanciones internacionales y a la desobediencia activa de la población', refiere el texto leído por Márquez.
     
8   Rangel asegura que Chávez no perdería referendo revocatorio”, en El Universal, 2 de abril de 2003.

"El presidente de la República, Hugo Chávez, no pierde un referendo revocatorio en el momento que sea", afirmó este martes el vicepresidente, José Vicente Rangel, a su salida de la "Mesa de negociación y acuerdos", reseñó Venpres.
     
9   Venezuela tiene que pasar por una transición militar”, en El Mundo, 1 de abril de 2003.

El ex presidente Carlos Andrés Pérez volvió a aparecer públicamente en una entrevista aparecida en un semanario, para considerar que nustro país debe pasar por una etapa de trancisión gobernada por militares.
     
10   Gaviria anuncia progresos hacia un referendo”, en El Nuevo Herald, 2 de abril de 2003.

El referendo revocatorio del presidente Hugo Chávez, con posibilidad de ser efectuado más allá del 19 de agosto, se consolida como fórmula de salida a la crisis venezolana, ratificó el secretario general de la OEA, César Gaviria.
     
11   Revocatorio es factible para noviembre”, en El Mundo, 3 de abril de 2003.

Cualquier salida electoral que se acuerde en el país tiene como mínimo 90 días para concretarse luego del 19 de agosto, ya que bajo ningún concepto podrán saltarse los lapsos legales para la actualización y depuración del Registro Electoral, el diseño del cronograma electoral y, en el caso del referendo consultivo, aprobar la reglamentación para este tipo de consulta popular, novedosa en el texto constitucional.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/04/2003
Fernando Pol