|
1. Antecedentes
A aprobación da Lei Galega de Cooperación
ao Desenvolvemento abriu un novo escenario que, en paralelo, debe contextualizarse nun marco de progresiva consolidación
dos actores da cooperación que precisa formalizar un intercambio de pareceres e experiencias, a fin de preservar
a unanimidade que presidiu a aprobación daquela norma.
2. Obxectivos
a) Reunir aos principais actores da cooperación
en Galicia para intercambiar puntos de vista sobre a percepción de cada un deles do momento da cooperación
na nosa Comunidade.
b) Intercambiar información sobre a situación
e perspectivas de cada un dos actores e analizar medidas que poidan contribuír ao fortalecemento conxunto
e coordinado da cooperación.
c) Achegar conclusións sobre as prioridades
da cooperación en Galicia.
d) Definir os parámetros dunha alianza
intersectorial para promover o compromiso social coa cooperación ao desenvolvemento.
3. Programa
Venres 29 de outubro de 2004.
Salón de Actos Caixagalicia.
Vigo.
| Hora |
Actividade |
| 09:30 |
Recepción de asistentes. Entrega de Documentación. |
| 09:45 |
Palabras de benvida
da alcaldesa do Concello de Vigo, Corina
Porro.
Presentación a cargo de Alfredo
Novoa Gil, presidente do Fondo Galego. |
| 10:00 |
Ponencia. A
Lei Galega de Cooperación, prioridades no seu desenvolvemento.
Relator: José María
Lago García, Secretaría Xeral de Relacións coa Unión
Europea e Cooperación Exterior (Xunta de Galicia). |
| 10:45 |
Descanso. |
| 11:00 |
Ponencia. O
momento da cooperación en Galicia
(I).
Relatores: Beatriz González
Loroño (PP), deputada no
Parlamento de Galicia; Salomé
Álvarez Blanco (BNG), vicepresidenta
segunda do Parlamento de Galicia; Margarita
Pérez Herraiz (PSdG-PSOE),
deputada no Parlamento de Galicia.
Modera: Enrique Peña (Universidade de A Coruña). |
| 12:00 |
Mesa redonda. O
momento da cooperación en Galicia
(II).
Relatores: África Beatriz López
Souto, Servicio de Cooperación Exterior (Xunta de Galicia); Carlos Teijo García, profesor
de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela;
Emilio Manuel Martínez Rivas,
presidente da Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento; Xulio
Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional e secretario do Fondo Galego.
Modera: Alfredo Novoa Gil,
presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. |
| 13:30 |
Ponencia. Outras
cooperacións: Portugal.
Relator: Pedro Krupenski,
Coordinadora Portuguesa de ONGDs. |
| 14:00 |
Coloquio. |
| 14:30 |
Clausura. |
4. Destinatarios
Autoridades políticas autonómicas e municipais
con responsabilidades neste área, ONGDs, profesionais e cidadáns interesados nesta materia, responsables
de cooperación nas diferentes opcións políticas e sindicais.
5. Organización
O encontro, de vocación anual, está organizado
polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Patrocina: Concello de Vigo.
Esta iniciativa conta coa cooperación da Secretaría
Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
|