ActividadesVolver a TitularesVolver a Actividades
 
PP, PSOE e BNG analizarán en Vigo o voto emigrante
Tempo Exterior, a revista do Igadi, reflexiona sobre o voto das diásporas
 
 

2 de febreiro, 20:00 horas.
Casa do Libro de Vigo.


  Igadi, 15 anos, aquí e fóra
 
Con motivo da presentación de
Tempo Exterior nº 11, a revista do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Igadi, que dirixe Xulio Ríos, a Casa do Libro de Vigo acollerá o próximo xoves 2 de febreiro de 2006, ás 20:00 horas, unha mesa redonda titulada “O voto da diáspora”, na que participarán o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, o deputado do PSdG-PSOE, Abel Losada, e Aurelio Miras Portugal, do Grupo Parlamentario Popular.

A vixencia e actualidade do voto da diáspora cobra importancia na política galega. É por iso que, na actual conxuntura de cambio político en Galicia, resulta necesario discutir e analizar as posibilidades de que a diáspora galega poida dotarse de maiores e mellores mecanismos de participación política no porvir de Galicia.

O debate centrarase nas propostas dos principais grupos parlamentarios galegos sobre os mecanismos de participación política da diáspora galega. A natureza e repercusión do voto exterior é o tema central do Tempo Exterior nº 11, principalmente dende as perspectivas israelita, portuguesa, caboverdiana, italiana e mexicana.

A iniciativa, organizada polo Igadi no marco das actividades do seu 15º aniversario, constitúe unha excelente oportunidade para que a sociedade galega coñeza a situación, as carencias e as propostas que se deben levar a cabo para mellorar e ampliar as garantías democráticas do voto exterior.

Máis información: info@igadi.org, 986 357 238.

 
Volver a TitularesVolver a Actividades



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/02/2006
Fernando Pol


Subir