|
INTRODUCCIÓN
Nun marco económico no que se prima excesivamente a obtención
do máximo beneficio nace na década dos sesenta en Europa o chamado "Comercio Xusto", como
movemento comercial que pretende correxir alomenos algúns dos perxuicios que sofren os pequenos productores
e os traballadores sobreexplotados dos países en vias de desenvolvemento. Tratase dun modelo que pode server
de simbolo dun comercio distinto, onde saen ganando tanto os productores como os consumidores
O Comercio Xusto é unha actividade comercial baseada
nunha relación dirécta e de respeto mutuo, na que productores do Sur e consumidores do Norte obteñen
a garantía dos seguintes criterios nos productos que elaboran e compran:
- Garantía de salarios que permiten ter unha vida digna.
- Non hai explotación infantil.
- Os homes e as mulleres cobran igual salario.
- Establecese unha relación a longo prazo e realizanse
pagos por adiantado o que permite planificar con seguridade.
- Os productores adican unha parte dos beneficios a necesidades
da comunidade (saúde, educación, formación, etc).
- Repetase o medio ambiente.
Un ano máis celebrase polas máis de 2.500 tendas
de Comercio Xusto existentes na Unión Europea o Día Europeo das Tendas de Comercio Xusto, que ten
como obxectivo concienciar os cidadáns poder que teñen como consumidores e ofrecer espacios de reflexión
e análise sobre o desenvolvemento sostible.
Esta sexta edicción é a primeira vez que se celebrará
na cidade de Pontevedra.
Asemade esta Semana do Comercio Xusto celebrase paralelamente
polas Tendas de Comercio Xusto de Galicia nas cidades de Pontevedra, Santiago,Lugo e A Coruña entre os días
14 e 19 de maio.
Con este proxecto solicitamos o apoio da súa institución
a unhas actividades de interese para a poboación pontevedresa posto que con elas sumaríase ó
movemento do Comercio Xusto activo noutras cidades de Galicia e do mundo.
A imaxe corporativa aparecería nos carteis, programas
e demáis publicidade da I SEMANA DO COMERCIO XUSTO DE PONTEVEDRA.
ORGANIZADORES
A ONGD AMARANTE e a Tenda de Comercio Xusto A FACTORIA DO SUR
organizan esta I Semana do Comercio Xusto. Promovida pola REDE GALEGA DE TENDAS DE COMERCIO XUSTO (que engloba
ás tendas Comercio Xusto existentes en Galicia – A Cova da Terra en Lugo, A Factoria do Sur en Pontevedra,
Oxfam-Intermon en A Coruña e Panxea en Santiago).
AMARANTE constituese o 5 de outubro de 1999 en Pontevedra como
unha Organización Non Gubernamental de caracter galego que vincula a ecoloxía e a solidariedade,
máis concretamente o campo do ecodesenvolvemento e a sensibilización para a cooperación.
AMARANTE actua no campo da educación para o desenvolvemento
e da cooperación baixo tres principios fundamentais:
- Pensar desde Galicia con visión global. Actuar en Galicia
para mudar o mundo.
- Interconectar a Solidariedade e a Ecoloxía diante da
cada vez máis evidente relación existente entre os desequilibrios Norte/Sur e a devastación
de amplas zonas do planeta.
- Recuperar o papel dos movementos sociais na transformación
social e da sociedade civil na influencia pública.
Pola súa banda o Centro Comercial Alternativo A FACTORIA
DO SUR ten unha relación de colaboración (definida por protocolo que adxuntamos) coa Organización
Non Gubernamental AMARANTE.
Os seus obxetivos son os seguintes:
- Crear un proxecto empresarial de economía social que
sirva para mellorar e dignificar as condicións dos productores do sur, comercializando productos de Comercio
Xusto.
- Crear un proxecto empresarial de economía social basado
na venda de productos de calidade alternativos ou artesanais galegos.
- Crear un espacio económico-cultural aberto, referente
de novas tendencias sociais e de novos valores.
- Difundir e suministrar información sobre calquera tema
que sirva para a sensibilización no campo do ecoloxismo, da igualdade e da solidariedade.
PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A ONGD
AMARANTE E A FACTORÍA DO SUR CB
A ONGD AMARANTE ten, entre as súas actividades de sensibilización,
un interes fundamental polo desenvolvemento do Comercio Xusto como unhaalternativaeconómica e cultural xusta
frente ó modelo de relacións económico-financieiras Norte/Sur imposto polas transnacionais
e os modelos neoliberais.
Consciente asemade do papel que osconsumidores do Norte na modificación
das actuais estructuras de inxustiza e desequilibrio.
A FACTORIA DO SUR CB, como proxecto empresarial, aposta polo
Comercio Xusto de xeito estable como factor de abordar no Norte un consumo consciente e no Sur unhaproducción
sostible.
Tanto A FACTORIA DO SUR como AMARANTE abordan, pois, a difusión
e impulso doComercio Xusto desde dous planos importantes e complementarios: o da sensibilización e o da
comercialización, polo que asinan o presente PROTOCOLO que se concreta nos seguintes puntos:
- AMARANTE e A FACTORIA DO SUR colaborarán na expansión
e na divulgación do Comercio Xusto.
- AMARANTE e A FACTORIA DO SUR desenvolverán campañas
conxuntas relacionadas co Comercio Xusto.
- Na busqueda dunha maior expansión deste modelo tanto
AMARANTE como A FACTORIA DO SUR trabalarán por desenvolver con outras ONGDs e entidades este espacio de
traballo,asi como a busqueda dunha maior colaboración entre as distintas organizacións e empresas
que traballan no día a día este sector ( en concreto favorecendo a creación de redes ou coodinadoras
de Comercio Xusto a nivel nacional ).
- O presente protocolo entre AMARANTE e A FACTORIA DO SUR non
limita as posibilidades de colaboración de cada un das partes asinantes con terceiros no campo do Comercio
Xusto.
AMARANTE e A FACTORIA DO SUR compartirán recursos materiais
e humanos encamiñados a conquerir os obxetivos de expansión e divulgación do Comercio Xusto.
Recursos que se concretarán con posterioridade a este protocolo.
OBXECTIVOS
A “I Semana do Comercio Xusto de Pontevedra” que persegue concienciar
ós pontevedreses e as pontevedresas sobre o importante papel que como consumidores teñen e a necesidade
de que o utilicen positivamente, ó tempo que aproximar a realidade dos productores do Sur.
- Sensibilizar sobre a problemática Norte/Sur en xeral
e sobre as condicións de vida dos productores do Sur en particular.
- Concienciar do poder do consumidor como peza fundamental no
cambio da actual situación de desigualdade que existe no comercio internacional.
- Ofrecer á cidade de Pontevedra a posibilidade de achegarse
a úns productos feitos con diginidade e respeto ós dereitos humanos.
- Familiarizar os consumidores con ditos productos.
METODOLOXÍA
A I Semana de Comercio Xusto está vertebrada en dous
espacios claramente definidos. Por unha banda o Ciclo de Conferencias e debates que teñe como obxetivo a
sensibilización e afondamento na problemática Norte-Sur. Por outra banda a degustación gratuita
de productos de alimentación de ComercioXusto co que se pretende familiarizar os consumidores con ditos
productos.
A metodoloxía para o desenrrolo das diversas actividades
esta basada en técnicas expositivas tales como a clásica conferencia, coa participación de
persoas con amplios coñecementos sobre a problemática a tratar, ata as máis imnovadoras como
os audiovisuais, se esquecer tecnicas experimentais como a posibilidade de degustar e tocar os diversos productos
de Comercio Xusto. Deste xeito activamos tódolos sentidos: a vista (exposición) o oído (conferencias,
audiovisuais...) o tacto e o gusto (degustacións).
Como medios e recursos didacticos para desenvolver esta iniciativa
cóntase coa actuación dun grupo musical galego ( para chegar ós máis novos ), e o video-forum
que fomenta o desenrolo de valores e opinións.
Os organizadores aseguran a entrega dun certificado de asistencia
de cinco horas a aquelas persoas do público que participen nas diferentes xornadas e asi o soliciten.
ACTIVIDADES
As actividades están pensadas de xeito que partindo da
transmisión de coñecementos, e información se poda a analizar a cuestión que nos ocupa
para logo poder pasar á acción.
Partindo das conferencias e mesas redondas, coñecendo
os mecanismos do Comercio Xusto, o papel dos seus principais actores (consumidores, dos productores, das distribuidoras
e das tendas...) chegase á campaña Roupa Limpa, na que a participación dos consumidores é
a clave, sen esquecer os productores presentes nos seus productos que transversalmente tódolos días
poderan degustarse.
Tratase dunha inicativa interesante á hora de dar a coñecer
espacios de consumo alternativos ós xa existentes, contando para elo con persoas que teñen moito
que decir no campo no quese moven.
Presentación do Libro “O Comercio Xusto en Galicia”.
“¿Necesitase unha política exterior galega?”.
“Globalización e pensamento único”.
“Comercio Xusto”.
- Proxección Audiovisual: “Tecido con dignidade”.
- Exposición: “Galicia Solidaria”.
- Degustacións.
- Concerto.
TEMPORALIZACIÓN
Lúns 14 de maio (día do Cacao)
Horario Comercial.- Degustación de Cacao de Comercio Xusto.
20,00 horas. Inauguración da Exposición “GALICIA SOLIDARIA” (aberta ata 31 de maio).
20,30 horas. Conferencia “Necesidade dunha
política exterior galega”, por Xulio Ríos,
director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
Martes 15 de maio (día do Café)
Horario Comercial. Degustación de Cafe de Comercio Xusto.
12,00 horas. Presentación do Libro “O Comercio Xusto en Galicia”.
20,00 horas. Mesa redonda “Comercio Xusto: unha alternativa posible”.
Mércores 16 de maio (día da
confitura)
Horario Comercial. Degustación de Confituras de Comercio Xusto.
20,00 horas. Proxección “ Tecido con dignidade”.
Venres 18 de maio (día do Té)
Horario Comercial. Degustación de té de Comercio Xusto.
20,00 horas. Mesa redonda “globalización e pensamento unico”.
Sabado 19 de maio (día europeo das
tendas do Comercio Xusto)
Horario Comercial. Degustación de diversos productos de Comercio Xusto.
21,00 horas. Concerto.
LOCALIZACIÓN E INFRAESTRUCTURA
Locais: Café Moderno / Galeria Sargadelos / A Factoria
do Sur.
Praza: Praza da Verdura.
RECURSOS HUMANOS
Equipo de coordinación:
Ana Pindado Rivero, coordinadora da campaña Comercio
Xusto.
Xoan Hermida González, presidente de Amarante.
Equipo de traballo:
Pepa Vazquez Martínez, directora de A Factoria do Sur.
Pablo Cons Pintos, director de Amarante.
Marta Tenreiro Salgado, voluntaria de Amarante.
Alicia Negredo, voluntaria de Amarante.
|