| Actividades |
|||
| Conferencia “EEUU e os cambios en América Latina” Robert Matthews no Foro Iberoamericano Baiona 2006 |
|||
|
2 de marzo, 20:00 horas.
Robert Matthews analizará os trazos principais dos cambios que se están producindo en América Latina, nun ano en que se acometerán comicios de diversa naturaleza na maior parte dos países da rexión. Así mesmo, afondará na lectura que en Washington se está a facer do impulso político que coñece América Latina e os desafíos que iso implica para establecer un marco de relacións normais entre os dous hemisferios. O mapa das tensións en aumento entre Washington e algunhas capitais do cono Sur e a súa evolución futura identificará os principais riscos de desestabilización. |
|||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 28/02/2006 |