ActividadesVolver a TitularesVolver a Actividades
 
III Xornadas Anuais de Cooperación
 
 

Por terceiro ano consecutivo, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariadade convoca as Xornadas Anuais de Cooperación. O obxectivo destas xornadas e o de constituírse como un espazo de encontro anual entre os distintos actores que inciden na cooperación ao desenvolvemento que se realiza dende Galicia, para que dende o diálogo e o intercambio de perspectivas e dúbidas se poda vertebrar unha cooperación marcada pola coordinación, a coherencia e a calidade.

Este ano, a finalidade das III Xornadas Anuais será identificar os rumbos que ven tomando a cooperación galega nos últimos anos e cal é o seu grao de identificación coas especificidades do noso desenvolvemento. Trátase de analizar e avaliar o momento da cooperación galega en tres sectores fundamentais de desenvolvemento, desenvolvemento rural, pesca e medioambiente, a través de tres mesas redondas nas que haberá unha representación institucional, outra da sociedade civil organizada (sindicatos, movementos sociais) e unha terceira máis vinculada á cooperación e aos proxectos que se desenvolven nas comunidades do Sur.

As III Xornadas Anuais de Cooperación terán lugar o mércores día 22 de novembro en Santiago de Compostela, no salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas, na rúa Berlín, 13 (preto de Área Central), en horario de mañá, de 09:30h a 14:30h. Esperamos a vosa presenza para ir consolidando, pouco a pouco, estes espazos de aprendizaxe colectiva.

Para inscribirse dirixirse a:

Secretaría Técnica do Fondo Galego.
Lara Barros.
lbalfaro@igadi.org
986 357 238.

Avenida Joselín, 7. Portal 3-4ºB.
36300-Baiona (Pontevedra).
Galicia (España).
+34 986 357 238.
www.igadi.org

 
Volver a TitularesVolver a Actividades



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/11/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta