ActividadesVolver ó índice
 
Actos arredor da II Conferencia Anual Plácido Castro

Ramón Lugrís
“Nós, os povos das Nacións Unidas...
Fantasía e realidade dunha orde internacional”
 
Programa  
Día Hora Acto Lugar
23 12.30 Asinatura dos Estatutos da Fundación Plácido Castro. Vilagarcía de Arousa.
24 20.00 Coloquio arredor do libro biográfico sobre Plácido Castro.
Participarán: Ramón Lugrís, Xaime Illa, Xosé González e Xulio Ríos.
Modera: o xornalista Camilo Franco.
Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa.
25 20.30 Conferencia de Ramón Lugrís que leva por título: "Nós, os povos das Nacións Unidas... presente e
realidade dunha orde internacional".
Centro Comarcal Exposalnés.
26 12.30 Conferencia de Xulio Ríos que leva por título: "Plácido Castro, un exilio na Gran Bretaña", no marco do Congreso homenaxe ó exilio galego (1936-1975). Pazo da Cultura de Pontevedra.
 
 
Ramón Lugrís (Ferrol, 1932), colaborador nos seus anos mozos de xornais como La Noche e autor, entre outros ensaios, de "Vicente Risco na cultura galega" (Galaxia, 1963), traballou na sección española da BBC entre 1957 e 1962. Traductor especializado de Nacións Unidas e doutras organizacións internacionais, dende sempre mantívose vencellado ao xornalismo, colaborando con Radio Nacional España, do que foi correspondente en Londres, ou para a Axencia EFE (en Madrid e Rio de Janeiro). Tamén foi Director para América Latina e España da axencia "Forum World Features". Ramón Lugrís aínda que ten o seu centro de traballo nese cuadrilátero que forman New York, Londres, Xenebra e Viena, percorre asiduamente boa parte das capitais de todo o mundo.
 
Volver ó índice

Volver ao principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2001