ActividadesVolver ó índice
 
Conferencia en Vigo de Andrés Cabanas

Andrés Cabanas
“Guatemala, as sombras da paz”
 

    Día:   25 de abril.
  Hora:   20.00.
  Lugar:   Librería A Caixa de Pandora.
  Localidade:   Vigo.

 
 
Andrés Cabanas, investigador galego residente en Guatemala dende hai varios anos, dará a coñecer o próximo 25 de abril na librería A Caixa de Pandora, a partir das 20.00 horas, a súa visión sobre o imperfecto proceso de paz e a imperfecta democracia guatemalteca. Andrés Cabanas, autor de "Los sueños perseguidos", lembrará o segundo aniversario do asasinato do bispo Juan Gerardi, coordenador do Informe de Recuperación da Memoria Histórica "Nunca más" e analizará brevemente a situación do país e doutros estados centroamericanos.

No decurso do acto, será presentado o seu último libro, prologado por Rigoberta Menchú, premio Nobel da Paz.
 
Volver ó índice

Volver ao principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 26/03/2000