ActividadesVolver ó índice
 
Curso UIMP (16 a 20 de xullo de 2001, UNED-Pontevedra)
“Mercosur, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
e as dinámicas de integración”
Director: Xulio Ríos.
 
 
Obxectivos do Curso:

1. Efectuar unha aproximación aos procesos de integración rexional a partir da análise de dous modelos ben diferenciados: o a da integración estatal e o da cooperación transfronteiriza no marco dun contexto que combina a globalización e a rexionalización.

2. Analizar o proceso de vertebración do Mercosur, as súas incertezas e condicionantes, con especial atención ao ALCA e outros proxectos de integración proxectados no continente americano.

3. Afondar na caracterización do proceso de construcción da eurorrexión Galicia-
Norte de Portugal, nun momento especialmente importante pola necesidade de argumentar novas respostas a un escenario marcado polo alargamento comunitario e as súas consecuencias, respostas marcadas pola búsqueda da proxección exterior do espacio eurorrexional.

4. Valorizar o espacio iberoamericano, con especial atención a aqueles fundamentos de ámbito cultural e histórico que poden asentar os procesos de aproximación política e institucional, nunha perspectiva plural que abrangue a Estados e outros axentes subestatais.


Información e inscripcións

Teléfono: 981 140 790 e 981 140 830.
Fax: 981 140 825.
e-mail: alumnos-s@sg.uimp.es


“Mercosur, Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e as dinámicas de integración”
Curso UIMP, 16 a 20 de Xullo de 2001, UNED-Pontevedra

Director: Xulio Ríos, Igadi.

Secretaria: Marta G. Cabrera, Igadi.

Programa
Día Hora Actividade
16 10.00 Procesos de integración en América: unha visión retrospectiva.
José Manuel Sobrino Heredia, director do Instituto Universitario
de Estudios Europeos “Salvador de Madariaga” (Universidade de
A Coruña).
12.00 O Mercosur: antecedentes e alcance do Tratado de Asunción.
Alejandro Daniel Perotti, profesor de Dereito da Integración na
Universidade Austral de Buenos Aires.
17.00 Sistema institucional e normativo do Mercosur.
Alejandro Daniel Perotti, profesor de Dereito da Integración na Universidade Austral de Buenos Aires.
17 10.00 Os mecanismos para a solución de controversias no Mercosur: antecedentes, realidade e perspectivas.
Antonio Martínez Puñal, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.
12.00 As relacións entre a UE e o Mercosur na perspectiva dunha asociación interrexional.
Antonio Martínez Puñal, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.
17.00 Portugal e Mercosur na acción exterior de Galicia.
Jesús Gamallo Aller, secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.
18 10.00 Cooperación interrexional no Mercosur: perspectivas para Galicia e a rexión Norte de Portugal.
María Teresa Ponte, profesora titular de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela.
12.00 A Comunidade de Traballo como instrumento dinamizador da integración na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
María Teresa Ponte, profesora titular de Dereito Internacional Público da Universidade de Santiago de Compostela.
17.00 MESA REDONDA: Globalización e integración rexional no século XXI.
María Teresa Ponte, Alejandro Daniel Perotti, José Manuel Sobrino e Xulio Ríos.
19 10.00 Politicas sectoriais e territoriais na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Juvenal Peneda, coordenador do Gabinete de Cooperaçao da Comissao de Coordinaçao da Regiao Norte (Portugal).
12.00 Ambitos de proxección da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Joao Casqueira, profesor da Universidade Fernando Pessoa.
17.00 MESA REDONDA: Galicia-Norte de Portugal: ¿unha identidade eurorrexional?
Juvenal Peneda, Joao Casqueira, Martínez Puñal e Xulio Ríos.
20 10.00 O español e o portugués nos procesos de globalización e integración rexional.
Jorge Couto, presidente do Instituto Camoes.
12.00 Hacia la convergencia iberoatlántica.
José Antonio Fernández, analista especializado en América Latina (Política Exterior).
 
Volver ó índice

Volver ao principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2001