Actividades realizadas
|
| |
|
| Ano 2000 |
 |
| 15/12/2000 |
Presentación do Libro Palabras con Fondo, un
proxecto no que participan vintetrés figuras das nosas letras, evidenciando o seu compromiso coa solidariedade
e a cooperación. Ás 12.30 horas na sede da Fegamp en Santiago de Compostela, coa participación
de representantes do Fondo Galego, da Federación de Libreiros, da Asociación de Escritores en Lingua
Galega, da Asociación de Editores e do IGADI. |
| 15/12/2000 |
Coloquio sobre o Mercosur
con Elvira Arnoux,
Catedrática da Universidade de Bos Aires, en Baiona. |
| 11/11/2000 |
A
actualidade de Plácido Castro, conferencia
de Xulio Ríos, ás once da mañán en Cambados. |
| 22/09/2000 |
Seminario sobre dinámicas de información
e estratexias de acción exterior, en colaboración
coa Secretaría Xeral para as Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta
de Galicia, coa participación de Camilo Barcia, Xosé López e Fernando Delage, na EGAP (Escola Galega de Administración Pública). |
| 19/09/2000 |
Participación no Encontro
de Especialistas sobre Asia convocado polo Incipe-Ceri e o Instituto
Complutense de Estudios Internacionais, celebrado en Madrid. |
| |
Participación en Caracas (Venezuela) nunha sesión de traballo
sobre As
Comunidades Autónomas Españolas e América Latina. |
| 28/04/2000 |
Presentación da Unidade
de Estudios Humanitarios, en Vigo, no salón Caixa Galicia,
coa participación de Mariano Aguirre, Celia Gómez e Xulio Ríos. |
| 25/04/2000 |
Guatemala,
as sombras da paz, conferencia en Vigo de Andrés Cabanas, celebrada
na librería A Caixa de Pandora. |
| 07/04/2000 |
Presentación da edición impresa do texto da I Conferencia Anual Plácido Castro, en Vilagarcía, na casa do Concello. |
| 23/03/2000 |
Xornadas
provinciais de cooperación, celebradas no Castelo de
Soutomaior (Pontevedra). |
| 25/01/2000 |
I Conferencia Anual Plácido Castro, celebrada na Casa da Cultura de Vilagarcía, na que Fernando Pérez-Barreiro Nolla
disertou sobre Irlanda e as novas formas da vida internacional. |
| |
| -Ano
1999 |
 |
| 12/12/1999 |
Conferencia sobre os dereitos humanos na China, China, reforma e dereitos humanos, pronunciada por Xulio Ríos no ciclo Dereitos
humanos. Xornadas a favor dunha ideoloxía fundamental, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros
Industriais de Vigo (no CUVI, Lagoas-Marcosende). |
| 19/11/1999 |
Participación na VI Reunión de Centros de Documentación e Bibliotecas Especializados en Relacións Internacionais e áreas afins, realizada en Madrid. |
| 05/11/1999 |
Participacion no ciclo de conferencias-debate sobre cooperación ó desenvolvemento organizado por Arquitectos sen Fronteiras
en A Coruña, do 5 de novembro ó 4 de decembro de 1999. |
| 15/10/1999 |
Preparación da Asemblea do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. |
| |
Confección do listado de webs dos principais diarios, axencias e
revistas de América Latina (para a sección Foro de América). |
| |
Distribución parcial da Guía de Recursos de Acción Exterior. |
| |
Curso na EGAP sobre A
actividade supranacional da Comunidade Autónoma Galega. |
| |
Presentación pública da segunda entrega de Texturas, coa presencia
de Roberto Montoya. |
| |
Convenio
co Concello de Baiona para a creación dun Foro Iberoamericano. |
| |
Elaboración do informe sobre A información internacional na prensa galega. |
| |
| -Anos
1998-1992 |
 |
| 17/12/1998 |
Participación na V Reunión de Centros de Documentación e Bibliotecas Especializados en Relacións Internacionais (Madrid, 17 de decembro de 1998). |
| 04/12/1998 |
Participación no Seminario
Internacional sobre Inmigraçao (Povoa de Varzim). |
| |
Participación na reunión de Institutos de Estudios Estratéxicos
e Internacionais no marco da VIII Cimeira Iberoamericana (Porto, setembro de 1998). |
| |
Convenio coa Universidade
de Santiago de Compostela para a realización de prácticas
que se recoñezan como créditos nos curriculos dos alumnos/as. |
| |
Organización, en colaboración con Amnistía Internacional
e Educadores pola Paz-Nova Escola Galega, dunha campaña en conmemoración do 50 aniversario da aprobación
da Declaración Universal
dos Dereitos Humanos. |
| |
Celebración do seminario Formación de Formadores en Educación para o Desenvolvemento. |
| |
Múltiples conferencias en Institutos, Universidades e participación
en numerosos encontros e foros especializados, tanto nacionais como internacionais. |
| |
Dirección e realización da colección Pretextos Internacionais, un achegamento didáctico ós problemas do mundo contemporáneo. |
| |
Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo (creación
dun Observatorio Exterior). |
| |
Encontro sobre A
xestión local da solidariedade internacional. |
| |
Curso de outono sobre Dinámicas
de información e estratexias de internacionalización (Universidade de Vigo). |
| |
Ciclo de conferencias sobre Os
conflictos de Centroamérica, en colaboración co CEFOCOP (Vigo). |
| |
Impulso dun Programa de Internacionalización
da Empresa Galega nos países de Europa Oriental e Asia. |
| |
Iniciativa de creación do primeiro Centro de Información de Nacións Unidas en Galicia (Universidade de Vigo). |
| |
Traducción e edición en galego dos principais textos da ONU. |
| |
Celebración do seminario A información internacional nos medios de comunicación, en colaboración coa
Secretaría Xeral de Comunicación (Xunta de Galicia). |
| |
Organización do seminario Nacións Unidas, 50 anos despois (Universidade de Vigo). |
| 1993 |
Organización do seminario sobre Os desafíos do fin de século, en colaboración coa Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo. |
| 1992 |
Celebración do ciclo Temas
da nosa época,
en colaboración co Concello de Vigo. |