| Actividades |
||||||||
| Coloquios Euroamericanos | ||||||||
|
Como ponte de acercamento e intercambio entre Europa e América Latina, corresponde a Galicia e, particularmente, á vila de Baiona, a concreción de espazos de reflexión e actuación que permitan prover de canais de comunicación e aproximación cara os procesos políticos, económicos e socioculturais que se viven en Europa e América Latina. Neste sentido, os Coloquios Euroamericanos pretenden ocupar este espazo de reflexión, a través da organización de diálogos sobre diversos aspectos transversais e específicos entre Europa e América Latina.
Xoves 9 de outubro de 2008
Julia Schünemann, licenciada en Periodismo, Ciencias Políticas e Economía pola Universidade Ludwig-Maximilian de Munich e coordinadora do Foro Europa-América Latina (FRIDE). Lourdes Casanova, membro do Euro Asia Centre for Comparative Management e profesora de Negocios en América Latina, INSEAD, Francia.
Lluís Bassets, director adxunto de El País. María del Carmen Almendras Camargo, embaixadora de Bolivia en España.
Luís Filipe Lobo-Fernandes, profesor da Universidade do Minho e doutor en Ciencia Política e Relacións Internacionais pola Universidade de Cincinnati (EEUU). Silvia Adriana Pisani Bolla, correspondente en Madrid do diario arxentino La Nación.
Carlos Malamud, investigador principal de América Latina (Real Instituto Elcano) e catedrático de Historia de América na UNED. Alfredo Toro Hardy, embaixador de Venezuela en España.
Os debates serán transmitidos por Radio Nederland en frecuencia FM para América Latina, sur de Estados Unidos e Europa. Coordina: Julia Schünemann, en FRIDE. Tamén se incorporarán de forma permanente á web de Radio Nederland e do Igadi. E igualmente ao foro EuroLatín de FRIDE.
|
||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org COLOCADO: 24/09/2008 |
||||||||
|
||||||||